Nacionalismo vietnamita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O nacionalismo vietnamita (en vietnamita: chủ nghĩa dân tộc Việt Nam / chủ nghĩa quốc gia Việt Nam) é unha forma de nacionalismo que defende que os vietnamitas son unha nación e promove a unidade cultural de Vietnam. Abrangue unha ampla variedade de ideas e sentimentos, desenvolvidos durante moitos séculos para preservar e defender a identidade nacional da nación vietnamita.

Vietnam forma parte da sinosfera e a lingua vietnamita é recoñecida como a única lingua do país. A maioría do nacionalismo vietnamita céntrase na historia militar da nación, aínda que tamén hai aspectos culturais e civís.

Os conceptos nacionalistas modernos en Vietnam céntranse na China, o cal alimentou o sentimento antichinés en Vietnam,[1] aínda que o nacionalismo tamén promoveu puntos de vista anticamboxanos e antifranceses[2] no pasado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nhi Hoang Thuc Nguyen (2017). "Anti-Chinese Sentiment in Contemporary Vietnam: Constructing Nationalism, New Democracy, and the Use of "the Other"" (PDF). Trinity University. Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  2. Munholland, J. Kim (decembro de 1975). "The French Response to the Vietnamese Nationalist Movement, 1905-14". The Journal of Modern History 47 (4): 655–675. doi:10.1086/241371. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nguyễn Khắc Ngữ (1991a). Các Đảng-phái Quốc-gia Lưu-vong 1946–1950: Hội-nghị Hương-Cảng 9-9-1947. Montreal, Canadá: Nhóm Nghiên-cứu Sử Địa Việt-Nam. 
  • Nguyễn Khắc Ngữ (1991b). Bảo-Đại, Các Đảng-phái Quốc-gia và sự Thành-lập Chính-quyền Quốc-gia. Montreal, Canadá: Nhóm Nghiên-cứu Sử Địa Việt-Nam. 
  • Vu, Tuong (2007). "Vietnamese Political Studies and Debates on Vietnamese Nationalism". Journal of Vietnamese Studies 2 (2): 175–230. doi:10.1525/vs.2007.2.2.175. 
  • Vu, Tuong (2014). "The Party v. the People: Anti-China Nationalism in Contemporary Vietnam". Journal of Vietnamese Studies 9 (4): 33–66. doi:10.1525/vs.2014.9.4.33.