Marxismo-leninismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O marxismo-leninismo é unha corrente ideolóxica do marxismo que xurdiu como tendencia principal entre os partidos comunistas na década de 1920, cando foi adoptada como fundamento ideolóxico da Internacional Comunista durante a época de Stalin. Porén, en diversos contextos, grupos políticos diferentes e ás veces opostos teñen utilizado o termo "marxismo-leninismo" para describir a ideoloxía que din publicamente defender.

Historia do termo e uso[editar | editar a fonte]

Segundo G. Lisichkin[1], a concepción do marxismo-leninismo como unha ideoloxía separadamente do marxismo ten a súa orixe na obra de Stalin "As cuestións do leninismo". Durante o período do goberno stalinista, o marxismo-leninismo foi proclamado como a ideoloxía oficial do Estado[2], aínda cando científicos políticos e historiadores continúan hoxe a discutir en que medida Stalin seguiu o modelo e os principios de Karl Marx e de Lenin. En particular, os trotskistas consideran que, de feito, Stalin contradixo o auténtico "marxismo-leninismo", e utilizan o termo bolxevismo-leninismo para describir a súa propia ideoloxía comunista anti-stalinista. E os comunistas de esquerda rexeitaron o marxismo-leninismo como corrente anti-marxista.

Despois da Ruptura Sino-Soviética, os partidos comunistas da Unión Soviética e da República Popular da China reclamaron ser os herdeiros intelectuais do marxismo-leninismo. Na China, o discurso foi que Mao Tse Tung tiña adaptado do marxismo-leninismo ás condicións chinesas, dando orixe ao termo "marxismo-leninismo-maoísmo" como ideoloxía de Estado, así como base ideolóxica daqueles partidos que, a nivel internacional, simpatizan co Partido Comunista da China, como, por exemplo, o Partido Comunista de Filipinas ou o Partido Comunista de Perú (Sendero Luminoso), que defendeu o marxismo-leninismo-maoísmo co argumento de que constitúe un estadio mais avanzado do marxismo. Fronte a isto, despois da ruptura sino-albanesa, un pequeno grupo de marxistas-leninistas comezaron a rexeitar o papel de Mao Tse Tung no movemento comunista internacional en favor do Partido do Traballo de Albania e da súa adherencia estrita ao stalinismo.

En Corea do Norte, o marxismo-leninismo foi oficialmente substituído polo Juche en 1977, en cuxa concepción de clase e de loita de clase o marxismo-leninismo non xoga un papel significativo. Porén, o goberno norcoreano é a miúdo referido como marxista-leninista -ou máis comunmente como stalinista- debido á súa política e á súa estrutura económica.

Na actualidade, nos outros tres Estados considerados comunistas (Cuba, Laos e Vietnam), os partidos gobernantes sosteñen o marxismo-leninismo como a súa ideoloxía oficial, mesmo cando, na realidade, teñen distintas prácticas. Fora deses países, algúns partidos comunistas actuais continúan a considerar o marxismo-leninismo como a súa ideoloxía básica, modificada para se adaptar ás novas circunstancias locais.

En calquera caso, existe unha ampla confusión popular derivada da complexidade terminolóxica para denominar os sistemas de pensamento derivados do marxismo, o que, pola súa vez, se ve ampliado na medida en que o termo marxismo-leninismo é a miúdo utilizado (por exemplo, por multitude de xornais e outros medios de comunicación) para denominar calquera tipo de marxismo.

Escolas filosófico-políticas denominadas marxistas-leninistas[editar | editar a fonte]

Tal como se ten referido, existen diversas correntes de pensamento marxista que reclamaron seguir as liñas políticas do marxismo-leninismo ou ás que se lle impuxo esta terminoloxía. Entre elas, están:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Г. Лисичкин, Мифы и реальность, Новый мир, 1989, № 3, с. 59 (en ruso)
  2. Александр Бутенко, Социализм сегодня: опыт и новая теория// Журнал Альтернативы, №1, 1996, с. 3-4 (en ruso)