Nacionalismo turco en Chipre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da República Turca do Norte de Chipre.

O nacionalismo turco (en turco: Kıbrıs Türk milliyetçiliği) en Chipre é un nacionalismo étnico que apoia a independencia da República Turca do Norte de Chipre e desexa que o Norte de Chipre se manteña independente de Turquía mentres se opón á idea dun Chipre unido na República de Chipre dominada polos gregos. O obxectivo do taksim, é dicir, a división da illa de Chipre en partes turcas e gregas, está moi estendido entre os nacionalistas turcochipriotas. Porén, un número considerable deles desexa que Turquía anexione Chipre.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Estatua do piloto turco Cengiz Topel en Eskişehir, Turquía. Topel era un dos pilotos enviados por Turquía a bombardear as posicións gregas en Kokkina en agosto de 1964. Alí, foi capturado e torturado até a morte. Topel é un importante símbolo do nacionalismo turco en Chipre, e é coñecido como o "primeiro mártir de Chipre" en Turquía e o Norte de Chipre.

En 1911, realizáronse 3 concentracións en contra da enosis (unificación de Chipre e Grecia) por parte dos turcos chipriotas en toda a illa. Estas concentracións foron o primeiro incidente importante do nacionalismo turcochipriota no século XX e a primeira acción organizada contra a enosis polos turcochipriotas.[3] A década de 1920 foi unha década crítica en termos de compartimentos etno-relixiosos máis estritos; por iso, os turcochipriotas que permaneceron na illa adoptaron gradualmente a ideoloxía do nacionalismo turco debido ao impacto da revolución kemalista.[4]

Nas décadas de 1950 e 1960, o nacionalismo turco en Chipre desenvolveuse principalmente en resposta ó nacionalismo grego e grecochipriota e o seu desexo pola enosis, a unión da illa con Grecia.[5][6][7] Nun principio, os turcos chipriotas favoreceron a continuidade do dominio británico.[8] Porén, estaban alarmados polas chamadas grecochipriotas á enosis, xa que viron que a unión de Creta con Grecia provocara o éxodo dos turcos cretenses, o que era un precedente a evitar,[9][10] e tomaron un postura a prol da partición en resposta á actividade militante da EOKA.[11] O slogan "Taksim ou Morte" utilizouse con frecuencia nas protestas turcochipriotas e turcas a finais da década de 1950 e durante toda a década de 1960. Despois das Conferencias de Zúric e Londres, Turquía parecía aceptar tanto a existencia do estado chipriota como o distanciamento da súa política de favorecer a partición da illa, mais o obxectivo dos líderes turcos e turcochipriotas seguía sendo o de crear un estado turco independente na parte norte da illa.[12]

O 6 de agosto de 1964, unidades da Garda Nacional chipriota e grupos armados turcochipriotas comezaron a enfrontarse preto de Kokkina. O 8 de agosto de 1964, despois de agardar durante case dous días, interveu Turquía, unha vez que quedou claro que os grecochipriotas non se retirarían de Kokkina, senón que se limitarían a comprometer cada vez máis forzas de asedio ata que os turcochipriotas quedaran sen subministracións. O incidente foi un importante punto de inflexión no nacionalismo turco e turcochipriota, e provocou un aumento masivo das opinións nacionalistas entre os turcochipriotas. Este aumento foi principalmente a favor da idea da anexión turca de Chipre.[13][14]

O 20 de xullo de 1974, Turquía lanzou unha invasión da illa tras un golpe de estado artellado pola Xunta grega contra o presidente Makarios, co obxectivo de unir a illa con Grecia. A segunda ofensiva turca, co nome en clave "Attila 2", tivo lugar entre o 14 e o 18 de agosto de 1974 e estendeuse polo oeste ata o enclave de Kokkina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xypolia, Ilia (2017). British Imperialism and Turkish Nationalism in Cyprus, 1923-1939 : divide, define and rule. Londres: Routledge. 
  2. Kyris, George (2016). The Europeanisation of Contested Statehood: The EU in Northern Cyprus. Routledge. pp. 30–1. ISBN 978-1317032748. The rise of Turkish nationalism among the Turkish Cypriots can be largely seen as a response to the Greek Cypriot national "awakening" and campaign for union with Greece. 
  3. "KIBRIS". users.metu.edu.tr. Consultado o 2020-12-22. 
  4. Xypolia, Ilia. British imperialism and Turkish nationalism in Cyprus, 1923-1939 : divide, define and rule (Paperback ed.). Abingdon, Oxon. ISBN 0-367-34890-X. OCLC 1106094476. 
  5. Kızılyürek, Niyazi (2003). "The politics of identity in the Turkish Cypriot community : a response to the politics of denial?". Travaux de la Maison de l'Orient méditerranéen 37 (1): 197–204. The Turkish Cypriot nationalism developed mainly in reaction to the Greek Cypriot national desire for union with Greece. 
  6. Carter, Judy; Irani, Irani; Volkan, Vamık (2015). Regional and Ethnic Conflicts: Perspectives from the Front Lines. Routledge. p. 60. ISBN 978-1317344667. 
  7. Papadakis, Yiannis; Peristianis, Nicos; Welz, Gisela (18 de xullo de 2006). Divided Cyprus: Modernity, History, and an Island in Conflict. Indiana University Press. p. 2. ISBN 9780253111913. 
  8. Isachenko, Daria (2012). The Making of Informal States: Statebuilding in Northern Cyprus and Transdniestria. Palgrave Macmillan. p. 37. ISBN 9780230392076. 
  9. Pericleous, Chrysostomos (2009). Cyprus Referendum: A Divided Island and the Challenge of the Annan Plan. I.B.Tauris. pp. 135–6. ISBN 9780857711939. 
  10. Mirbagheri, Farid (2009). Historical Dictionary of Cyprus. Scarecrow Press. p. xiv. ISBN 9780810862982. Greek Cypriots engaged in a military campaign for enosis, union with Greece. Turkish Cypriots, in response, expressed their desire for taksim, partition of the island. 
  11. Behlul (Behlul) Ozkan (Ozkan) (26 de xuño de 2012). From the Abode of Islam to the Turkish Vatan: The Making of a National Homeland in Turkey. Yale University Press. p. 199. ISBN 978-0-300-18351-1. In line with the nationalist rhetoric that "Cyprus is Turkish", Menderes predicated his declaration upon the geographic proximity between Cyprus and Anatolia, thereby defining "Cyprus as an extension of Anatolia". It was striking that Menderes rejected partitioning the island into two ethnic states, a position that would define Turkey's foreign policy regarding Cyprus after 1957 
  12. G. Bellingeri; T. Kappler (2005). Cipro oggi. Casa editrice il Ponte. p. 27. ISBN 978-88-89465-07-3. The educational and political mobilisation between 1948-1958, aiming at raising Turkish national consciousness, resulted in the involving Turkey as motherland in the Cyprus Question. From then on, Turkey, would work hand in hand with the Turkish Cypriot leadership and the British government to oppose the Greek Cypriot demand for enosis and realise the partition of Cyprus, which meanwhile became the national policy. 
  13. Pierre Oberling, The road to Bellapais: the Turkish Cypriot Exodus to Northern Cyprus, Social Science Monographs, 1982, p. 120.
  14. Dodd, Clement (21 de abril de 2010). The History and Politics of the Cyprus Conflict (en inglés). Springer. p. 69. ISBN 978-0-230-27528-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]