Nacionalismo ucraíno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O nacionalismo ucraíno (en ucraíno: Український націоналізм) é a ideoloxía que promove a unidade dos ucraínos arredor do seu propio estado nación. Aínda que o actual estado ucraíno xurdiu hai relativamente pouco tempo, algúns historiadores, como Mykhailo Hrushevsky, Orest Subtelny e Paul Robert Magocsi, citaron o estado medieval da Rus de Kíiv como un primeiro precedente da condición de estado especificamente ucraíno.[1] As orixes do nacionalismo ucraíno moderno tamén se remontan ao levantamento dos cosacos do século XVII contra a Confederación de Polonia e Lituania dirixida por Bohdan Khmelnytsky.

Nacionalismo cosaco[editar | editar a fonte]

Os cosacos tiveron un papel ao volver espertar un sentido de identidade ucraíno dentro da rexión da estepa.[2] Unha figura dominante no movemento cosaco e na historia nacionalista ucraína, Bohdan Khmelnitski (c. 1595-1657), liderou os cosacos zaporogos e dirixiu a rebelión de Khmelnitski contra o goberno polonés a mediados do século XVII. Khmelnitski tamén tivo éxito na lexitimación dunha forma de democracia que fora practicada polos cosacos dende o século XVI.[3] Bohdan Khmelnitski falou da liberación de "todo o pobo ruteno" e investigacións recentes confirmaron que o concepto dunha nación rutena como comunidade relixiosa e cultural existira antes da súa revolución.[4] Os actuais ucraínos aínda lembran e glorifican o papel de Khmelnitski na historia de Ucraína.

Outra figura prominente no nacionalismo cosaco, o hetman Ivan Mazepa (1639-1709), fixo grandes contribucións financeiras que se centraron na restauración da cultura ucraína e da historia durante o século XVIII. Financiou importantes reconstrucións da Catedral de Santa Sofía de Kíiv,[5] e a elevación do status da Universidade Nacional "Academia Mohila de Kíiv" de simple academia a Universidade no ano 1694.[5][6]

Símbolos[editar | editar a fonte]

Símbolos do estado nación ucraíno e dos partidos nacionalistas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ^ Hrushevsky, Mykhaylo. History of Ukraine. Chartorsky Publishing, New York, 1961. p. 119
  2. Wilson, Andrew. Ukrainian Nationalism in the 1990s: A Minority Faith. Cambridge University Press. Londres: 1997. 6.
  3. Mfa.gov.ua (ed.). "Ministry for Foreign Affairs of Ukraine - Publications". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 18 de abril de 2010. 
  4. Serhy Yekelchyk. Ukraine Birth of a Modern Nation. Oxford University Press, 2007. p 28
  5. 5,0 5,1 Encyclopediaofukraine.com (ed.). "Mazepa, Ivan". Consultado o 2010-04-18. 
  6. Orest Subtelny, "Ukraine: a History", University of Toronto Press, 2000, ISBN 0-8020-8390-0, p. 164