Saltar ao contido

Península de Crimea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Península de Crimea
 Nome oficial
Крим (uk)  
Крым (ru)  
Qırım (crh-latn)  
Къырым (crh-cyrl)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
   Criméach (ga)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Economía
Implicados
 Territorio reivindicado por
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Área urbana máis poboada
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.340.921 (2017)
546.592 (1897)
713.823 (1926)
1.126.429 (1939)
1.201.517 (1959)
1.813.502 (1970)
2.182.927 (1979)
2.430.495 (1989)
2.401.209 (2001)
2.284.400 (2014) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   27.000 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Roman Kosch Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap3788824 Editar o valor en Wikidata
VIAF235468721 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ndwhc3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX6120727
Wikidata G:Commons C:Commons

A península de Crimea é unha importante masa de terra situada no norte do mar Negro, que está case completamente rodeada pola auga.

Os seus nomes oficiais son:

  • півострів Кримський, en ucraíno
  • полуостров Крымский, en ruso
  • Qırım Yarimadasi, en tártaro

A península pertence a Ucraína, desde que en 1954 foi trasferida polo presidente da URSS Nikita Khrushchev, desde a República Socialista Soviética de Rusia, cando ambas as repúblicas formaban parte da Unión Soviética aínda que de feito, e sen recoñecemento internacional, está controlada por Rusia desde marzo de 2014.

Encóntrase xusto ao sur do resto da costa de Ucraína e ao oeste da rexión rusa de Kuban.

Está rodeada por dous mares, o mar de Azov e o mar Negro, e só se conecta coa parte continental de Ucraína a través do istmo de Perekop de 8 km de ancho.

Crimea formou parte do Khanato de Crimea e do Imperio Otomán. O 8 de abril de 1783, Catarina II de Rusia anexionou de facto ao Imperio ruso a península integrándoa na gobernatura de Táuride.

Na actualidade, a República Autónoma de Crimea compón a maior parte da península.

Foros, estación balnearia.

A maior parte de Crimea ten un clima continental temperado, con excepción da costa sur (onde se hai un clima subtropical húmido, debido á influencia cálida do mar Negro) e as terras altas das montañas de Crimea (que teñen un clima continental húmido).

Os veráns poden ser quentes (28 °C en xullo, de media) e os invernos son frescos (–0.3 °C en xaneiro, de media) no interior. Os invernos na costa sur son máis suaves (4 °C en xaneiro, media) e as temperaturas baixoo cero son moi excepcionais. Na zona alta, en inverno é común que existan xeadas. As precipitacións en toda Crimea son baixas, cunha media de só 400 mm) ao ano.

Debido ao seu clima, as praias da costa sur son un destino popular para os turistas de Ucraína e Rusia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]