Xunta de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xunta de Galiza")
Logo da Xunta de Galicia.
Sede da Presidencia da Xunta de Galicia, no pazo de Raxoi, compartida co Concello de Santiago de Compostela.

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi.

Atribucións e funcionamento[editar | editar a fonte]

A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre protección do medio ambiente.

Historia[editar | editar a fonte]

A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galicia creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833.

Durante a Guerra da Independencia Española, en 1808, crease a Xunta Suprema de Galicia para dirixir a loita contra os franceses e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais ata a creación da Xunta Central Española.

En 1843 constituíuse unha Xunta Central de Galicia presidida por Xosé María Suances oposta á rexencia de Espartero.

En 1846 prodúcese o levantamento do comandante Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.

Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o 16 de marzo de 1978 designan a Xunta de Galicia como goberno galego [1].

Presidencia da Xunta de Galicia[editar | editar a fonte]

Alberto Núñez Feijoo.
Artigo principal: Presidente da Xunta.

Consellarías[editar | editar a fonte]

Desde o 2 de decembro de 2012[2] o goberno da Xunta está formado polo presidente e 8 consellarías, todas elas rexidas por membros do PPdeG. A única mudanza co anterior goberno é o cambio de Javier Guerra por Francisco Conde á fronte da Consellería de Economía e Industria. Posteriormente, no ano 2015, primeiro polos resultados das eleccións municipais e despois polos problemas na posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro, houbo outros cambios, tanto de nomes co como na distribución de funcións entre entre consellerías[3].

Hoxendía, esta é a composición da Xunta e os seus titulares[4]:

Situación[editar | editar a fonte]

Edificios Administrativos en San Caetano.
Delegación da Xunta de Galicia en Vigo.
Delegación da Xunta en Pontevedra.
  • Edificios Administrativos San Caetano
    San Caetano, s/n
    15704 - Santiago de Compostela
  • Pazo de Raxoi
    Praza do Obradoiro.
    15705 - Santiago de Compostela
  • Sede da Xunta de Galicia na Coruña
    Avda. Salvador de Madariaga, 9
    154781 - A Coruña
  • Sede da Xunta de Galicia en Lugo
    Ronda da Muralla, 70
    27071 - Lugo
  • Sede da Xunta de Galicia en Ourense
    Avda. da Habana, 79
    32004 - Ourense
  • Sede da Xunta de Galicia en Pontevedra
    Rúa Fernández Ladreda s/n. - Pontevedra
  • Sede da Xunta de Galicia en Vigo
    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201 - Vigo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Decreto-lei 7/1978, polo que se aproba o réxime preautonómico para Galicia (BOE nº 66, de 18.03.1978) [1] e Real Decreto 474/1978, polo que se desenvolve o Real Decreto-lei 7/1978 (BOE nº 66, de 18.03.1978) [2].
  2. "Feijoo nombra a Francisco Conde conselleiro de economia e-industria", artigo en Faro de Vigo, 2 de decembro de 2012 (en castelán).
  3. http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/10/04/feijoo-remodela-sorpresa-gobierno/00031443961705512299754.htm
  4. http://www.xunta.es/portada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xunta de Galicia Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]