Azawad
دولة أزواد المستقلة (ar) État indépendant de l’Azawad (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Tombouctou | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.000.000 (2012) (3,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 932.490 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 6 de abril de 2012 | ||||
Disolución | 2013 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Bilal Ag Acherif (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 223 | ||||
Sitio web | mnlamov.net |
Azawad[1][2] (tuareg: ⴰⵣⴰⵓⴷ[3], árabe: أزواد, francés: Azaouad ou Azaouâd[4]) foi un estado non recoñecido de curta duración que declarou unilateralmente a súa independencia despois do conflito no que o MNLA (Movemento Nacional de Liberación de Azawad) xunto con outros grupos derrotaron á Armada de Malí no 2012. O territorio reclamado comprendía as rexións de Tombouctou, Kidal, Gao e Mopti, todas as cales eran recoñecidas internacionalmente como parte de Malí.[5] O territorio controlado por Azawad limitaba con Malí e Burkina Faso polo sur, Mauritania polo oeste, Alxeria polo norte, e Níxer polo leste. Inicialmente os seus esforzos foron apoiados por varios grupos islamistas.
Gao era a meirande cidade do seu territorio e serviu temporalmente como capital,[6] mentres que Tombouctou, que é a segunda cidade en tamaño, era a pretendida capital das forzas independentistas.[7]
O 6 de abril de 2012, nun comunicado publicado na súa páxina web, o National Movement for the Liberation of Azawad, que era quen controlaba a rexión, declarou a "irrevogable" independencia de Azawad de Malí. O anuncio non foi apoiado por ningunha entidade estranxeira. O 26 de maio dese ano, o MNLA e o seu antigo inimigo Ansar Dine anunciaron un pacto no que se fusionarían para formar un estado islámico baixo a lei da xaria.[8]
Algunhas fontes posteriores indicaron que o MNLA decidira rachar co pacto, distanciándose de Ansar Dine.[9][10] Ansar Dine declarou máis tarde que rexeitaba a idea da independencia de Azawad.[11] Despois do colapso deste acordo efémero, o MNLA e Ansar Dine continuaron a loitar entre eles,[12] culminando na Batalla de Gao o 27 de xuño, no que os grupos islamistas "Movemento pola Unidade da Xihad en África Occidental" e Ansar Dine tomaron o control da cidade. O día seguinte, Ansar Dine anunciou que tiña o control de tódalas cidades do norte de Malío, poñendo fin ó estado.[13]
O 14 de febreiro de 2013, o MNLA renunciou o seu obxectivo da independencia para Azawad e expresou o seu desexo de comezar negociacións co goberno de Malí sobre o seu status futuro.[14][15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Clarín.com (31/05/2012). "Rebeldes tuareg e islamistas anuncian la creación de un estado escindido de Mali" (en español). Consultado o 27 de maio de 2012.
- ↑ DiarioVasco.com (04/02/2012). "El norte de Malí ya es de los tuareg". DiarioVasco.com (en español). Consultado o 6 de abril de 2012.
- ↑ "Mouvement National de Liberation de l'Azawad". Mouvement National de Liberation de l'Azawad. Mouvement National de Liberation de l'Azawad. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Déclaration d'indépendence de l'Azawad". Mouvement National de libération de l'Azawad. 6 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 6 de abril de 2012.
- ↑ "Mali Tuareg rebels control Timbuktu as troops flee". BBC News. 1 de abbril de 2012. Consultado o 3 de abril de 2012.
- ↑ "Tuaregs claim 'independence' from Mali". Al Jazeera. 6 de abril de 2012. Consultado o 6 de abril de 2012.
- ↑ "Mali: A scramble for power". The Muslim News. 8 de abril 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o 8 de abril de 2012.
- ↑ BBC News, ed. (26 de maio de 2012). "Mali Tuareg and Islamist rebels agree on Sharia state". Consultado o 27 de maio de 2012.
- ↑ Biiga, Bark (3 de xuño de 2012). "Nord Mali: le MNLA refuse de se mettre "en sardine"!" (en francés). FasoZine. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 3 de xuño de 2012.
- ↑ "Mali Islamists Reopen Talks With Tuareg Rebels". Voice of America. 2 de xuño de 2012. Consultado o 2 de xuño de 2012.
- ↑ Google News, ed. (20 de xuño de 2012). "Mali Islamists want sharia not independence". Agence France-Presse. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2012. Consultado o 28 de xullo de 2012.
- ↑ BBC News, ed. (8 de xuño de 2012). "Mali rebel groups 'clash in Kidal'".
- ↑ Tiemoko Diallo; Adama Diarra (28 de xuño de 2012). "Islamists declare full control of Mali's north". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2012.
- ↑ "Mali's Tuareg fighters end ceasefire". AlJazeera. 30 de novembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2013.
- ↑ "Tuareg separatist group in Mali 'ends ceasefire'". BBC. 29 de novembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Azawad |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dubois, Felix; White, Diana (trans.) (1896). Longmans, ed. Timbuctoo the mysterious. Nova York..
- Fage, J. D. (1956). An Introduction to the History of West Africa. Londres: Cambridge University Press. p. 22.