Vía Galega
Aparencia
| Vía Galega | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Vía Galega é unha plataforma política creada no 2018, por máis de corenta colectivos sociais, para a defensa dos dereitos nacionais de Galiza.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]En novembro de 2017, diversas agrupacións da órbita do nacionalismo galego: Fundaçom Artábria, Fundación Alexandre Bóveda, Fundación Galiza Sempre, Fundación Manuel María, Fundación Moncho Reboiras, Fundación Terra e Tempo e Fundación Vía Galego, lanzaron un manifesto no que apelaban á constitución dunha iniciativa social en defensa dos dereitos nacionais do pobo galego.[2]
A organización foi constituída no 2018, nunha reunión de máis de corenta colectivos de distintos eidos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Que é a Vía Galega – Vía Galega". Consultado o 2022-04-25.
- ↑ "Manifesto – Vía Galega". Consultado o 2022-04-26.
- ↑ "ENTIDADES ADHERIDAS – Vía Galega". Consultado o 2022-04-26.