Nacionalismo francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa do irredentismo francés.

O nacionalismo francés é a ideoloxía nacionalista que defende a nacionalidade dos franceses e promove a súa unidade cultural.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Xoana de Arco, heroína nacional de Francia.

O nacionalismo francés xurdiu das súas numerosas guerras con Inglaterra, que implicaron a reconquista dos territorios que compoñían Francia. As guerras produciron unha grande icona do nacionalismo francés, Xoana de Arco. A relixión católica tamén xogou un papel importante despois da Reforma protestante.[2] O nacionalismo francés converteuse nun poderoso movemento despois da Revolución francesa en 1789. Napoleón Bonaparte promoveu o nacionalismo francés baseado nos ideais da Revolución Francesa, como a idea de "Liberté, Égalité, Fraternité" e xustificou o expansionismo francés e as campañas militares francesas na afirmación de que Francia tiña dereito a difundir os ideais ilustrados da Revolución Francesa en toda Europa, e tamén a expandir Francia ás súas chamadas "fronteiras naturais". As invasións de Napoleón a outras nacións tiveron o efecto de difundir o concepto de nacionalismo fóra de Francia.[3]

1814-1914[editar | editar a fonte]

Logo da derrota e caída de Napoleón, o nacionalismo francés dende o século XIX até comezos do século XX adquiriu un patriotismo asertivo e extremo que se apoiou na forza militar para acadar os seus obxectivos políticos.[3] Durante a primeira guerra mundial, Francia perseguiu reclamos irredentistas sobre a rexión de Alsacia-Lorena que se perdera en favor de Alemaña a finais da guerra franco-prusiana de 1870-1871. O orgullo nacional francés foi danado na primeira guerra mundial pola longa guerra con Alemaña no seu territorio; especialmente na segunda guerra mundial cando o goberno francés se rendeu a Alemaña en 1940; e despois de que Francia perdeu moitas das súas colonias debido á descolonización logo da segunda guerra mundial.[3]

Os símbolos do nacionalismo incluían non só a Xoana de Arco, senón tamén a Roldán, o heroe do poema épico O Cantar de Roldán. Morreu en combate contra os infieis mentres defendía a Carlomagno e os seus homes, converténdoo nun símbolo patriótico axeitado para a era moderna.[4]

A política de esquerda e dereita xogou un papel importante xa que os conservadores aproveitaron o nacionalismo para atacar á esquerda. Os nacionalistas franceses conservadores etiquetaron con éxito o antimilitarismo como antinacionalista na era de 1898-1914. Moitos dos antimilitaristas máis salientables eran activistas anarquistas e organizacións marxistas radicais. Os historiadores interpretaron este ataque argumentando que o nacionalismo francés estaba rexeitando as súas raíces na Revolución Francesa e se estaba convertendo nun movemento extremista e protofascista. Porén, a maioría dos antimilitaristas non rexeitaron a súa nación, senón que afirmaron estar protexendo a República, o que viron como sinónimo da nación. Viron ós conservadores como un perigo para unha Francia republicana.[5]

O grande elemento católico conservador, frustrado polo fracaso en restaurar a monarquía, recorreu a unha nova variación do nacionalismo. Dirixido polo xornal La Croix, fundado polos sacerdotes asuncionistas en 1883, denunciou o anticlericalismo da República e alentou o boulanxismo e a xermanofobia. Promoveu o imperialismo francés como o cumprimento dunha misión para levar a civilización e o cristianismo aos pagáns ("misión civilizadora") e xactouse da superioridade cultural de Francia sobre todos os demais.[6]

O caso Dreyfus da década de 1890 viu ós conservadores empregar o nacionalismo para atacar a Terceira República. Porén, cando os republicanos aprobaron leis hostís á Igrexa católica en 1901-1905, como a disolución dos Asuncionistas, moitos conservadores cambiaron as súas enerxías e fondos dos proxectos nacionalistas a unha defensa da Igrexa. As mulleres católicas devotas foron especialmente activas neste cambio. O historiador Robert Fuller argumenta que efectivamente rematou o desafío nacionalista á Terceira República.[7]

Dende 1914[editar | editar a fonte]

Despois da humillante derrota en 1940 fronte a Alemaña, Philippe Pétain, un heroe da guerra mundial, foi chamado a salvar novamente a Francia, en nome do nacionalismo francés. Respondeu enfatizando "a necesidade de permanecer en Francia, preparar un avivamento nacional e compartir os sufrimentos da nosa xente". É imposible que o goberno abandone o chan francés sen emigrar, sen desertar. O deber do goberno é, pase o que pase, ficar no país, ou xa non podería ser considerado como o goberno".[8] De acuerdo con Robert Bruce:

Debecía participar activamente na reconstrución de Francia á súa imaxe e librar á nación dos últimos vinte anos de ensinanzas e programas socialistas e marxistas cuxo froito amargo fora a derrota de 1940. Francia volvería ser forte. Francia sería grandiosa novamente, e era o seu deber facer que iso se cumprise".[9]

O grande inimigo de Pétain foi o líder da Francia Libre, Charles de Gaulle. Converteuse en presidente de Francia e tratou de resucitar o orgullo nacional. De Gaulle buscoou facer de Francia a líder dunha Europa independente, libre da influencia estadounidense e soviética.[10] O goberno de De Gaulle buscou a reconciliación franco-alemá e asumiu un papel de liderado na fundación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro que buscou resolver as tensións económicas entre Francia e Alemaña, que o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, declarou que estaba deseñado para "acabar coa hostilidade franco-xermana dunha vez por todas".[10]

Nos últimos anos, unha controversia foi o tratamento legal das mulleres e prostitutas musulmás con velo. O goberno enfocouse no que algúns perciben como os corpos 'cubertos' de prostitutas e os cuerpos 'cubertos' de mulleres musulmás veladas para excluílas do espazo público. As formas emerxentes do nacionalismo francés enfatizan a promoción do liberalismo sexual como un valor central da cidadanía. Julie Billaud e Julie Castro argumentan que os obxectivos son facer cumprir un nacionalismo viril, prescribir novas normas sexuais e criminalizar ós inmigrantes e ós que viven nas marxes sociais.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Motyl 2001, p. 170.
  2. David A. Bell, The Cult of the Nation in France: Inventing Nationalism, 1680-1800 (2001).
  3. 3,0 3,1 3,2 Motyl 2001, pp. 171.
  4. Isabel N. DiVanna, "Politicizing national literature: the scholarly debate around La chanson de Roland in the nineteenth century." Historical Research 84.223 (2011): 109-134.
  5. Elizabeth Propes, "Re-thinking Antimilitarism: France 1898–1914." Historical Reflections 37.1 (2011): 45-59.
  6. William F. Ryan, . La Croix and the rise of French rightist nationalism in the 1880s," Canadian Review of Studies in Nationalism (1974) 1#2 pp 159-172
  7. Robert L. Fuller, "Catholic Women and the Unmaking of French Nationalism After the Dreyfus Affair." European History Quarterly 37.2 (2007): 242-264.
  8. Jean Lacouture, De Gaulle: The Rebel 1890–1944 (1991), p. 201
  9. Robert B. Bruce (2008). Petain: Verdun to Vichy. Potomac Books. p. 100. 
  10. 10,0 10,1 Motyl 2001, pp. 172.
  11. Julie Billaud and Julie Castro, "Whores and Niqabées: The Sexual Boundaries of French Nationalism," French Politics, Culture & Society (2013) 31#2 pp 81-101

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bell, David A. "Lingua Populi, Lingua Dei: Language, Religion, and the Origins of French Revolutionary Nationalism." American Historical Review 100#5 (1995), pp. 1403–1437. in JSTOR.
  • Bell, David A. The Cult of the Nation in France: Inventing Nationalism, 1680-1800 (2001) emphasizes religion and the wars with England.
  • Ben-Amos, Avner. "Monuments and Memory in French Nationalism." History and Memory 5#2 (1993), pp. 50–81. in JSTOR
  • Billaud, Julie e Castro, Julie. "Whores and Niqabées: The Sexual Boundaries of French Nationalism." French Politics, Culture & Society (2013) 31#2 pp 81–101
  • Hyslop, Beatrice Fry. French Nationalism in 1789 According to the General Cahiers (1934)
  • Motyl, Alexander J. (2001). Encyclopedia of Nationalism, Volume II. Academic Press. ISBN 0-12-227230-7. 
  • Sternhell, Zeev. "Paul Deroulede and the Origins of Modern French Nationalism." Journal of Contemporary History 6#4 (1971), pp. 46–70. in JSTOR.
  • Vincent, K. Steven. "National Consciousness, Nationalism and Exclusion: Reflections on the French Case." Historical Reflections / Réflexions Historiques 19#3 (1993), pp. 433–449. in JSTOR