Converxencia 21
Converxencia XXI | |
---|---|
Partido político de Galicia | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Carlos Vázquez Padín (Presidente) |
Filiación internacional | Partido Europeo Liberal Demócrata Reformista |
Historia | |
Fundación | 4 de maio de 2009 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Galeguismo, europeísmo, centrismo, liberalismo, Liberalismo económico, Liberalismo social. |
Representación | |
Concelleiros en Galicia | 2 / 3.766 |
Outros datos | |
Sede | Santiago de Compostela |
Na rede | |
converxencia.eu | |
![]() ![]() | |
Converxencia XXI ou Converxencia 21, é unha forza política galega que se define a si mesma como galeguista, europeísta, democrática, de centro reformista, liberal no social e no económico, e aconfesional. Declara como obxectivo a defensa dos intereses colectivos de Galicia co fin de xerar as mellores condicións para o desenvolvemento individual dos seus cidadáns.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Converxencia XXI foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior o 4 de maio de 2009.[2]
O seu Presidente é o tudense Carlos Vázquez Padín, elixido Secretario Xeral o 2 de outubro de 2010 no I Congreso da formación[3], e reelixido o 24 de setembro de 2011 xunto cunha nova executiva nacional no II Congreso do partido.[4]
O 3 de marzo de 2012 tivo lugar a I Conferencia Política de Converxencia XXI en Santiago de Compostela.[5]
No III Congreso Nacional da formación, celebrado no outono de 2012 en Santiago de Compostela, Carlos Vázquez Padín foi nomeado Presidente Nacional do Partido, mentres que o lucense Garcilaso de la Vega López foi elixido Secretario Xeral do Partido.
No eido estudantil, Converxencia XXI ten como referencia a Asociación Liberal do Estudantado Galego[6].
Eleccións municipais de 2011[editar | editar a fonte]
Converxencia XXI comparecerá por primeira vez a unhas eleccións nas eleccións municipais de 2011 en Galicia, presentando candidaturas en catro concellos: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Tui. Nelas obteñen o seu primeiro representante institucional ao ser elixido concelleiro en Tui o Secretario Xeral do partido, Carlos Vázquez Padín.
Eleccións xerais de 2011[editar | editar a fonte]
Por primeira vez na historia da democracia en España, algúns partidos foron obrigados a presentar un número mínimo de sinaturas para poder participar nas eleccións xerais do ano 2011. Ata entón a participación era libre [7]. Converxencia XXI presentou as sinaturas en forma de aval [8] e gañou o dereito a participar nas catro circunscricións galegas, presentando listas na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e colleitando o mellor resultado electoral da súa historia co 0.08% dos votos válidos emitidos en Galicia.
Circunscrición | Votos | Porcentaxe de votos |
Escanos |
---|---|---|---|
A Coruña | 505 | 0,07% | 0 |
Lugo | 241 | 0,11% | 0 |
Ourense | 185 | 0,09% | 0 |
Pontevedra | 505 | 0,09% | 0 |
Total en Galicia | 1.436 | 0,08% | 0 |
Eleccións galegas de 2012[editar | editar a fonte]
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012 baixaron ata os 1056 votos, o 0,07 % dos sufraxios válidos emitidos.
Eleccións europeas de 2014[editar | editar a fonte]
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 non se presentou a formación, que pediu o voto para o Partido de la Libertad Individual, que obtivo 658 votos en Galicia (de novo, o 0.07 % dos sufraxios válidos emitidos en Galicia).
Eleccións municipais de 2015[editar | editar a fonte]
Nas eleccións municipais de 2015 Converxencia 21 só presentou candidaturas nos concellos de Santiago de Compostela e Tui. Acadou dous concelleiros en Tui, colleitando neste concello o seu maior éxito electoral tras ser a terceira formación máis votada só por tras do PPdeG e o PSdeG-PSOE. En 2017, tras o triunfo dunha moción de censura, Padín foi nomeado alcalde de Tui, pasando a ser o primeiro rexidor municipal desta formación política.[9][10]
Eleccións xerais de abril de 2019[editar | editar a fonte]
Nas eleccións xerais do 28 de abril de 2019, só presentou listas na provincia de Lugo onde acadou 69 votos en total, sendo o partido menos votado en Galicia[11] e o terceiro menos votado no total estatal.[12]
Eleccións xerais de novembro de 2019[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Eleccións galegas de 2020[editar | editar a fonte]
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020 baixaron ata os 38 votos, o 0,01 % dos sufraxios válidos emitidos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Declaración de principios feita a través do blog do Secretario Xeral en maio do 2009.
- ↑ Peleteiro, Loreto (30-4-2019). "Converxencia 21: el partido gallego de los 69 votos". elespanol.com (en castelán). Consultado o 20-6-2019.
- ↑ "Artigo en A Nosa Terra". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2010. Consultado o 06 de outubro de 2010.
- ↑ Información da súa páxina web[Ligazón morta]
- ↑ Información da súa páxina web
- ↑ http://www.converxencia.eu/?p=1641[Ligazón morta]
- ↑ Nova LOREG
- ↑ "Nova en Mundo Galiza". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2012.
- ↑ «Padín, novo alcalde de Tui entre berros de "corrupto" e "traidor"», artigo en Galicia Confidencial, 17 de outubro de 2017.
- ↑ «Carlos Padín, alcalde de Tui ao triunfar a moción de censura da dereita», artigo en Sermos Galiza, 17 de outubro de 2017.
- ↑ Peteiro, Loreto (30-4-2019). "Converxencia 21: el partido gallego de los 69 votos". elespanol.com (en castelán). Consultado o 21-10-2019.
- ↑ "28 A. Elecciones generales". elpais.com (en castelán). Consultado o 21-10-2019.