Herri Batasuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Herri Batasuna (HB)
Coalición de ANV, ESB (1978 - 1980), HASI, LAIA e Zutik (1999 - 2000) do País Vasco
Batasuna.svg
Dirixentes e organización
LíderJon Idigoras
(Voceiro)
MocidadesJarrai
Filiación internacionalNingunha
Historia
Fundación1978
(disolta en 2001 ao refundarse en Batasuna)
Posicións políticas
Ideoloxíaindependentismo vasco
Socialismo
Outros datos
SedePamplona

Herri Batasuna (HB) (Unidade Popular en éuscaro) foi unha coalición política independentista vasca de esquerdas fundada en 1978 e que desapareceu ó crearse Batasuna (2000) no cal se integraron a maioría dos seus membros agás o grupo que deu lugar a Aralar.

Defendía como programa político a alternativa KAS para a independencia de País Vasco o que implicaba o rexeitamento á constitución española e ó estatuto de autonomía da comunidade autónoma do País Vasco.

Presentábase ás eleccións pero non adoitaban participaban nos plenos dos parlamentos nos que tiñan representación. Frecuentemente relacionada con ETA a coalición sempre negou calquera vincallo coa banda armada.

Constituída a raíz da Mesa de Alsasua integráronse na coalición Acción Nacionalista Vasca, Euskal Sozialista Biltzarrea, Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea e Langile Abertzaleen Iraultzarako Alderdia ademais de dirixentes destacados e moitos militantes de Euskadiko Ezkerra . Vencellados a HB estaban as Xestoras Pro Amnistía, o sindicato LAB e as mocidades Jarrai