Xeira
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Xeira | |
---|---|
Organización da mocidade comunista galega | |
![]() | |
Historia | |
Fundación | 21 de decembro de 2013 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Independentismo Marxismo-Leninismo Feminismo Internacionalismo Antiimperialismo |
Outros datos | |
Páxina web | xeiramocidade.org |
Xeira é unha organización política da mocidade comunista galega que se define como marxista-leninista e independentista. O seu partido de referencia é a Frente Popular Galega.
Historia[editar | editar a fonte]
Xeira foi fundada o 21 de decembro de 2013 tras a culminación do Proceso MIR que sucedeu á ruptura de Adiante o 11 de novembro do mesmo ano. En abril de 2017 celebrou o seu II Congreso Nacional.[1]
A organización establece as súas bases segundo "a Independencia Nacional en forma de República Galega, a superación do Patriarcado e a construción do Socialismo e do Comunismo no mundo".[1]
Organización interna[editar | editar a fonte]
Xeira é unha organización marxista-leninista, baseada no centralismo democrático, que se organiza en grupos comarcais cuxo órgano de dirección é o Comité Central
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "II Congreso Nacional de Xeira". www.xeiramocidade.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2018. Consultado o 2018-05-07.