Nacionalismo estoniano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A bandeira de Estonia.

O nacionalismo estoniano é a ideoloxía nacionalista que defende a nacionalidade dos estonianos e promove a súa unidade cultural. Refírese ao movemento ideolóxico que busca manter a identidade, a unidade e a autonomía en nome dunha poboación considerada por algúns dos seus membros como unha unidade cultural estoniana de poboación, cunha patria diferenciada, mitos e tradicións ancestrais compartidas, unha cultura pública, economía común e dereitos e deberes legais comúns para todos os membros.[1]

Aparición da identidade nacional estoniana no século XIX[editar | editar a fonte]

O nacionalismo estoniano xurdiu relativamente tarde, cando os pastores alemáns influenciados pola Ilustración europea comezaron a explorar a cultura dos labregos estonianos.[2] Converteuse nun forte movemento cultural popular na segunda metade do século XIX a través do crecente acceso á educación.[3]

Unha figura prominente no nacionalismo estoniano é o escriba Carl Robert Jakobson. A finais do século XIX, Carl Robert realizou grandes achegas financeiras centradas na restauración da cultura e a historia de Estonia. Financiou importantes reconstrucións da Escola estoniana Alexander.[4] Porén, politicamente Jakobson foi malentendido e terxiversado, e encontrou pouco apoio entre os labregos.[5]

Outra figura salientable na historia nacional de Estonia é a poeta estoniana Lydia Koidula, quen expresou as ideas de ter unha Estonia independente e soberana no século XIX. Lydia Koidula usou poesía para inspirar un renacemento cultural ao pobo estoniano e loitar por derrocar a inxustiza. Koidula morreu en Kronstadt o 11 de agosto de 1886, o día despois do aniversario número 366 de Madalena de Valois. Ela é considerada como unha heroína nacional, non só polos cidadáns de Estonia, senón tamén polos estonianos que viven en todo o mundo. A súa colección de poesía Emajõe Ööbik foi o segundo libro case en cada fogar estoniano a comezos do século XX, só despois da Biblia. Ela converteuse nun símbolo do renacemento cultural nacional de Estonia.

Nacionalismo estoniano no século XX[editar | editar a fonte]

Primeira guerra mundial[editar | editar a fonte]

Co colapso do Imperio Ruso, unha entidade política que abranguía organizacións políticas, comunitarias, culturais e profesionais, estabeleceuse en Talín a partir da iniciativa da Asociación de Progresistas de Estonia (abreviatura EPA). Esta entidade chamábase "Asemblea Provincial de Estonia" (Maapäev) e estaba liderada polo historiador Artur Vallner.[6] O 28 de novembro de 1917, a Asemblea Provincial de Estonia declarou a Estonia un país independente.[6]

Esta independencia foi recoñecida polo goberno ruso encabezado por Lenin, así como polas potencias centrais e outros estados en 1920.[7] Porén, este goberno non sobreviviu moito tempo debido ás presións non só do Movemento Branco ruso de Nikolai Yudenich, senón tamén do Exército Vermello, a intervención alemá e Entante e o bandoleirismo local (fusileiros vermellos estonianos de Anwelt).[6] O 24 de febreiro de 1918, a República de Estonia foi proclamada e asegurou a súa independencia na seguinte Guerra de independencia de Estonia de 1918-1920.

Segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

A República de Estonia foi ocupada en xuño de 1940 pola Unión Soviética, introducindo o estado de dereito comunista e as normas culturais. Co estalido da guerra entre a Alemaña nazi e a Unión Soviética en 1941, moitos nacionalistas en Estonia pensaron que terían a oportunidade de crear un país independente unha vez máis, e colaboraron coa administración nazi e as unidades militares. Porén,o tratamento alemán á poboación local puxo fina a isto moi axiña.[8]

Os partisanos estonianos eran un grupo militar que se levantou primeiro contra os nazis e logo contra os soviéticos. Os partisanos estonianos non só eran de etnia estoniana, senón tamén ingrios, letóns, rusos e xudeus.[9] Durante a segunda guerra mundial, os partisanos estonianos loitaron contra as forzas alemás e soviéticas. Despois da segunda guerra mundial, os partisanos estonianos tomaron medidas dirixidas contra o dominio soviético dentro de Estonia. Moitos membros dos partisanos estonianos víanse a si mesmos como o brazo armado do pobo estoniano na súa loita pola independencia de Estonia.[10]

Os partisanos estonianos manteñen un papel prominente e simbólico na historia de Estonia e na procura da independencia de Estonia.[11] Ao mesmo tempo, a historiografía soviética considerábaos un grupo insurxente ou terrorista.[11]

Niall Ferguson escribe que arredor de 2 000 xudeus e romanís foron asasinados por nacionalistas estonianos.[12] Norman Davies, no seu libro "Europa en Guerra 1939-1945: Ninguna Victoria Simple" pon o número de civís estonianos asasinados entre 20.000 e 50.000.

Revolución Cantada[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Revolución Cantada.

A partir de 1987, o nacionalismo estoniano xurdiu na forma de moitas manifestacións masivas espontáneas que finalmente levaron a Estonia a recuperar a súa independencia. Eventos semellantes tiveron lugar en Letonia e Lituania.

Nacionalismo estoniano no século XXI[editar | editar a fonte]

O nacionalismo non xogou un papel significativo na política de Estonia dende comezos dos anos 90. No presente, os partidos que se identifican estritamente como nacionalistas son o Partido Popular Conservador de Estonia e o Partido da Independencia Estoniana.

Unha das expresións máis significativas do nacionalismo estoniano segue sendo o Festival da Canción de Estonia, un dos eventos corais de afeccionados máis grandes do mundo que se celebra cada cinco anos no mes de xullo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Raun, Toivo U. (xaneiro de 2003). "Nineteenth and early twentieth century Estonian nationalism revisited". Nations and Nationalism (en inglés) (Wiley) 9 (1): 129–147. doi:10.1111/1469-8219.00078. 
  2. Suny, Ronald Grigor (1993). The Revenge of the Past: Nationalism, Revolution, and the Collapse of the Soviet Union (en inglés). Stanford University Press. p. 52. ISBN 9780804779265. 
  3. Miljan, Toivo (2004). Historical Dictionary of Estonia (en inglés). Scarecrow Press. p. 178. ISBN 9780810865716. 
  4. Jakobson, Carl Robert[Ligazón morta]
  5. B. L. Aulik, "El emergente nacionalismo e independencia cultural de Estonia", Universidade Drew, 1994, p. 164
  6. 6,0 6,1 6,2 Estonia - MSN Encarta[Ligazón morta]
  7. Treaty of Brest-Litovsk - Encyclopedia.com
  8. Estonia - Encyclopedia.com
  9. Estonian partisans[Ligazón morta]
  10. The Estonian partisans - - www.estonianpartisans.com.ee[Ligazón morta]
  11. 11,0 11,1 Wilson, Andrew. Estonian Nationalism in the 1990s: A Minority Faith. (en inglés) Cambridge University Press. Londres: 1997. 51.
  12. Niall Ferguson, La Guerra del Mundo, Penguin Press, New York 2006, p. 455

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]