O Milenario de Rusia, monumento construído en 1862 que celebra os mil anos da historia de Rusia.
O lema ruso "Ortodoxia, Autocracia e Nacionalidade" foi cuñado polo conde Sergey Uvarov e adoptado polo Emperador Nicolao I como ideoloxía oficial.[1] Os tres compoñentes da tríade de Uvarov eran:
Nacionalidade (Narodnost, que tamén foi traducido como espírito nacional)[2] recoñecemento do papel de fundación do Estado na nacionalidade rusa.
O movemento eslavófilo fíxose popular na Rusia do século XIX. Os eslavófilos opoñíanse ás influencias do oeste de Europa en Rusia e estaban determinados a protexer a cultura e as tradicións de Rusia. Aleksey Khomyakov, Ivan Kireyevsky e Konstantin Aksakov son considerados como cofundadores deste movemento.
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.