Saltar ao contido

Independencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Independencia
Imaxe
 Subclase de
Identificadores
Freebase/m/0gwb1 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2993258587 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 137548
Wikidata C:Commons
Chile, unha das diversas colonias españolas en América do Sur, fixo unha declaración de independencia en 1818.

A independencia[1] é a condición dunha persoa, nación, país ou estado no cal os seus residentes e poboación, ou unha parte deles, exercen o autogoberno, e xeralmente a soberanía, sobre o territorio. O oposto á independencia é o status dun territorio dependente.

Como concepto político apareceu coa Declaración de Independencia dos Estados Unidos en 1776[2] como resposta ó colonialismo europeo e estendeuse coas declaracións de independencia dos países latinoamericanos dependentes do Imperio español na Guerra de Independencia Hispanoamericana (1809-1824).

Outros conceptos

[editar | editar a fonte]

Distínguese de

  • autonomía, por ter esta segunda un atadallo subordinativo de carácter institucional a outro territorio ou goberno soberano, sen menosprezo de que o territorio autónomo poida desenvolver con liberdade as competencias que lle fosen asignadas.
  • neocolonialismo: Situación que se dá cando non existe plena independencia dun país, senón que o mesmo está sometido aos ditados culturais, lingüísticos e especialmente, económicos, doutro. O neocolonialismo -situación en que se achan algúns dos estados do terceiro mundo- oponse ó antigo colonialismo en que xa non acontece a ocupación directa do territorio mediante o emprego da forza militar.

Continentes

[editar | editar a fonte]
Exemplos: Iraq independizouse en 1932 (do Reino Unido); Taiwán independizouse o 15 de agosto de 1945 (do Xapón); Zimbabwe independizouse en 1980 (sendo sucesor do estado non recoñecido de Rodesia (1965-1979).
Continente No. Último país en obter a independencia
     África 54 Sudán do Sur (2011)
     América 35 Saint Kitts e Nevis (1983)
     Asia 44 Timor Leste (2002)
     Europa 50 Montenegro Montenegro (2006)
Kosovo Kosovo (2008)[3]
     Oceanía 14 Palau Palau (1994)
     Antártida N/A condominio internacional de facto

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para independencia.
  2. Arciniegas, Germán (1980). «El invento de la independencia», en América en Europa, Bogotá, Planeta, pp. 123-144
  3. "Kosovo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de febreiro de 2008. Consultado o 30 de xullo de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.