Nacionalismo grego en Chipre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira dos gregos de Chipre.
O arcebispo Makarios III de Chipre, primeiro presidente do país e considerado o "pai da nación".

O nacionalismo grego chipriota, tamén coñecido como helenismo chipriota, é un nacionalismo étnico que enfatiza a identidade grega de Chipre, o cal contrasta co nacionalismo grego que aspira a integrar Chipre en Grecia como o seu principal obxectivo. Abandonada a idea da Enosis (unificación de Chipre con Grecia), os nacionalistas grego-chipriotas teñen agora o obxectivo dun estado controlado por chipriotas gregos con estreitas relacións con Grecia, a "nai patria".[1] As diferentes variantes do nacionalismo foron defendidas polo Partido Democrático de centro dereita (DIKO), os Novos Horizontes, os socialistas (EDEK), a igrexa ortodoxa grega de Chipre e elementos nacionalistas dentro do Reagrupamento Democrático de centro dereita (DISY).[1]

A invasión turca de Chipre en 1974 levou a unha inicial marxinación do nacionalismo grego-chipriota e ao conseguinte ascenso do chipriotismo, en oposición ao nacionalismo grego tradicional;[2] porén, a elección de Andreas Papandreou como Primeiro Ministro de Grecia coa súa política de "nacionalizar" o problema de Chipre e a súa visita a Chipre en febreiro de 1982 levou a unha renovación do nacionalismo grego-chipriota.[3] En novembro de 1993, Andreas Papandreu e o presidente de Chipre Glafcos Clerides anunciaron a fusión das políticas exteriores e de defensa gregas e chipriotas, baixo unha nova "Doutrina Espacial Conxunta de Defensa", e en 2004 Chipre converteuse nun membro da Unión Europea, que se consideraba como a mellor alternativa posible a Enosis (o líder turcochipriota Rauf Denktaş chamouno "Enosis pola porta traseira").[4]

O nacionalismo grego chipriota e o chipriotismo contrastan entre eles, tendo visións diferentes sobre o conflito de Chipre, as súas causas e posibles solucións, correspondente coa oposición política de dereita-esquerda.[2] O eslogan do nacionalismo grego chipriota é "Chipre pertence a Grecia", mentres que para o chipriotismo é "Chipre pertence ao seu pobo".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Hay & Menon 2007, p. 125.
  2. 2,0 2,1 2,2 Madianou 2012, p. 40.
  3. Chrysostomos Pericleous, Cyprus Referendum: A Divided Island and the Challenge of the Annan Plan, pp.117-121, 2009
  4. Christalla Yakinthou, Political Settlements in Divided Societies: Consociationalism and Cyprus, p.203, 2009, quoting Rauf Denktaş

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]