Saltar ao contido

Nacionalismo córnico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nacionalismo córnico
 Instancia de
 Subclase de
Wikidata
Bandeira de Cornualla.
Porcentaxe de persoas que afirmaron ter unha identidade "córnica" na pregunta de identidade nacional no censo de 2011.

O nacionalismo córnico é un movemento cultural, político e social que busca o recoñecemento de Cornualla como unha nación distinta de Inglaterra. O movemento nacionalista córnico baséase en que Cornualla ten unha identidade cultural celta diferente da identidade de Inglaterra, e que o pobo córnico ten unha identidade nacional, cívica e étnica separada do pobo inglés.[1] Segundo esta corrente ideolóxica, Cornualla debería ter garantido un grao de autonomía e ser representada na forma dunha Asemblea Nacional Córnica;[2] Ademais, os nacionalistas alegan que Cornualla é legalmente un ducado con dereito a veto na lexislación de Westminster, e non un simple condado de Inglaterra, que ademais nunca foi formalmente incorporado a Inglaterra a través dunha Acta de Unión, coma no caso galés, escocés e norteirlandés.[3].

  1. "The Cornish: A Neglected Nation?". BBC History. Consultado o 1 de decembro de 2019. 
  2. Mebyon Kernow - The Party for Cornwall. "Mebyon Kernow - The Party for Cornwall". Consultado o 20 de marzo de 2015. 
  3. "The Duchy of Cornwall – history supported by references to primary source material". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2014. Consultado o 6 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Angarrack, J. Our Future Is History. Independent Academic Press. 2002. ISBN 0-9529313-4-6.
  • Deacon, B., Cole, D. & Tregidga, G. Mebyon Kernow and Cornish Nationalism. Welsh Academic Press. 2003. ISBN 1-86057-075-5.