Néstor Rego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Néstor Rego
Néstor Rego Candamil, XV Asemblea Nacional Bloque Nacionalista Galego 21.jpg
Nacemento2 de abril de 1962
 O Vicedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]
Intervención de Néstor Rego no XIII Congreso da UPG.

Néstor Rego Candamil, nado no Vicedo o 2 de abril de 1962, é un profesor e político galego do BNG, actual secretario xeral da UPG. Foi escollido para encabezar a candidatura do BNG na provincia da Coruña para as eleccións xerais do 28 de abril de 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou en ERGA en 1977 e foi fundador dos Comités Abertos de Faculdade (CAF). Entrou no BNG como representante de ERGA en 1982. Foi profesor de Lingua galega e literatura galega no IES Antón Losada Diéguez da Estrada. En 1995 foi elixido concelleiro de Santiago de Compostela e en 1999 entrou no goberno municipal, asumindo a Concellaría de Medio Ambiente e Servizos. Nas municipais de 2003 encabezou a lista do BNG ao concello. Grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE, foi tenente alcalde e concelleiro de Cultura. En 2008 dimitiu.

En xuño de 2012 foi elixido secretario xeral da UPG[1], substituíndo no cargo a Francisco Rodríguez. En 2016 foi elixido membro da Executiva do BNG.[2]

É profesor no IES Antón Fraguas Fraguas de Santiago de Compostela.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]