Bloque Nacional Popular Galego
Bloque Nacional Popular Galego (BN-PG) | |
---|---|
Coalición electoral en Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Lois Diéguez Bautista Álvarez |
Historia | |
Fundación | 1977 |
Disolución | 1982 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Soberanismo Nacionalismo de esquerda |
O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Tiña un obxectivo soberanista para Galiza[1], presentándose como alternativa ao autonomismo.
Historia[editar | editar a fonte]
Presentouse como agrupación de electores ás eleccións xerais de 1977 defendendo as Bases Constitucionais de 1976. O BNPG obtivo 23.167 votos, un 2% dos votos, sen conseguir entrar no Parlamento. Nas eleccións xerais de 1979 con 63.747 votos conseguiu o 5.87% dos votos. Nas eleccións municipais de 1979 o BNPG presentouse en 164 concellos, obtendo 70.355 votos (7.18%) o que lle supuxo 258 concelleiros e 9 alcaldes. No referendo do Estatuto de 1980 solicitou o voto negativo. Nas eleccións autonómicas de 1981 formou unha coalición co Partido Socialista Galego, conseguindo como BNPG-PSG tres deputados no Parlamento de Galicia, que foron expulsados por se negaren a xurar a Constitución e o Estatuto. Os conflitos internos e os malos resultados das eleccións de 1982, 38.615 votos (2.98%) provocaron a realización dunha Asemblea a fins de 1982 que transformou o BNPG no Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Justo Beramendi e Xosé Manoel Núñez Seijas, O nacionalismo galego, A Nosa Terra, 1996.
- Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Edicións Laiovento, 2003.