Saltar ao contido

Mocidade Nacionalista Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Mocidade Nacionalista Galega
Logotipo
 Instancia de
Organizacións
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
2009 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Área de operación
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/0121_l6w Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: mocidadenacionalistagalega Twitter: MNGalega Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A Mocidade Nacionalista Galega (MNG), constituída o 13 de novembro de 2010[1] na cidade de Santiago de Compostela como o referente xuvenil de Máis Galiza, é unha organización xuvenil que estivo integrada no seo de Galiza Nova (Bloque Nacionalista Galego) ata o 10 de marzo de 2012[2]. Na actualidade é o referente xuvenil de Compromiso por Galicia.

Como organización política da mocidade galega, a MNG defende o dereito de Galiza a definirse e decidir o seu futuro libre e soberanamente co fin de acadar a súa autodeterminación.[Cómpre referencia]

A Mocidade Nacionalista Galega é herdeira política directa da Mocidade Socialista Galega e da súa política de ampliación de horizontes políticos encarnada na plataforma 'Entre tod@s, Galiza Nova'[3] destinada á XI Asemblea Nacional das mocidades do BNG e no proceso 'Máis Mocidade'[4] que derivou na fundación da propia MNG. A Mocidade Socialista Galega autodisolveuse o propio día 13 de novembro na MNG[Cómpre referencia].

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

A MNG é unha organización política xuvenil progresista, cun carácter socialdemócrata e republicano. Os seus principios ideolóxicos básicos son o nacionalismo cívico galego, a socialdemocracia, a autodeterminación cara a consecución dun Estado propio, o republicanismo e a democracia participativa, o europeísmo (a Europa dos pobos), a defensa da lingua galega, ecoloxismo, laicismo e feminismo, entre outros.

Organización

[editar | editar a fonte]

Consello Político Nacional

[editar | editar a fonte]

O Consello Político Nacional é o máximo órgano decisorio entre Asembleas Nacionais , formado por 12 persoas escollidas na Asemblea Nacional mediante listas abertas, a persoa que ostente a Secretaría Xeral e os representantes das comarcas.[5] Ten forte presenza no ámbito universitario onde parte da súa militancia promove a constitución do Movemento Estudantil Universitario (MEU), mentres que outras persoas participan na ruptura dos Comités Abertos de Facultade e forman parte da Liga Estudantil Universitaria.

Executiva Nacional

[editar | editar a fonte]

A Executiva Nacional é o órgano que ostenta a dirección e xestión diaria da organización. Está composta por 6 persoas, escollidas de entre os membros electos do Consello Político Nacional, e a persoa que sotente a Secretaría Xeral. Esta executiva é ratificada pola afiliación da organización na Asemblea Nacional.

A Executiva Nacional actual, escollida na II Asemblea Nacional celebrada en Santiago de Compostela o 20 de setembro de 2014, está conformada do seguinte xeito:

  • Secretaría Xeral: Ángel Sánchez Tallón
  • Secretaría de Organización: Paula Carballo Blanco
  • Secretaría de Finanzas: Rocío López Pacio
  • Secretaría de Relacións Internacionais: Estevo Sánchez Gálvez
  • Secretaría de Comunicación: Alexandre Fernández
  • Secretaría de Igualdade: Antía Rodríguez Neira
  • Secretaría de Formación: Alberte Villamarín Rodríguez

Galiza Nova

[editar | editar a fonte]

Ata marzo de 2012 a Mocidade Nacionalista Galega participou en Galiza Nova, xuventudes do BNG. Ostentou internamente a representación obtida na XI Asemblea Nacional, celebrada o 24 e 25 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela, pola Plataforma Entre tod@s, Galiza Nova[6][7], encabezada por Ínhigo Ansotegui e acadando o 20% dos votos e cinco membros na Dirección Nacional e dous na Comisión Permanente[8] que ostentan as responsabilidades de Institucional e Asociacionismo. A súa proposta política foi a de acadar unha Galiza Nova máis combativa, plural e operativa, baixo a premisa de apertura do nacionalismo galego á sociedade.

En Compromiso por Galicia

[editar | editar a fonte]

A partir da I Asemblea Nacional recoñece como único referente político e ideolóxico a Compromiso por Galicia, e ós seus principios de socialdemocracia, progresismo, galeguismo e reformismo.

Coa formación de CxG Balbina Gándara Antelo foi elixida secretaria xeral dimitindo un ano despois. Neste período numerosos membros das Xuventudes Socialistas de Galicia, xuventudes do PSdeG téñense sumado a MNG, ó igual que outros mozos independentes e galeguistas.

Logo da dimisión de Balbina Gándara, o secretario xeral é Pablo Tortajada Bermúdez antigo secretario de organización.

Neste novo período a MNG rompeu cos principios defendidos por Galiza Nova, sobre o comunismo e independentismo e preferiu relacionarse con Euzco Gaztedi Indarra (EGI), mocidades do PNV e a Joventut Nacionalista de Catalunya (JNC), mocidades de Convergència Democrática de Catalunya, dunha sensibilidade máis centrista e moderada, participando por exemplo no EGI eguna. Tamén mantén estreitas relacións con Iratzarri, escisión de Aralar.

Actividades

[editar | editar a fonte]

A MNG trata de incidir no debate público non só participando da actividade de Galiza Nova e o BNG, senón con actividade e posturas políticas propias.

Alén de participar con comitiva propia na manifestación nacional do Día da Patria e de xestionar un posto no Festigal, a MNG continuou desenvolvendo as Xornadas da Mocidade Galega que iniciara a MSG, realizándoas en dous ámbitos diferentes, a Universidade de Santiago de Compostela e no concello ourensán de Castrelo de Miño[9]. Nelas, baixo o título 'A nación 2.0', reflexionouse sobre a construción nacional no século XXI dando voz e presenza ao máis representativo do mundo social de Galicia con grande eco dos medios[10]. Tamén desenvolveu campañas referentes á cuestión sexo-afectiva, tanto no eido da educación sexual con actividades como 'Luces, cámaras... sexo!'[11] coma na defensa da pluralidade de opcións[12]. Tamén desenvolveu accións para reivindicar a normalización dos equipos deportivos nacionais coa campaña 'Mételle un gol a Feijoo'[13]. Entre as súas actividades, tamén están as de formación, coma 'Tempos de Traballo'[14] ou a participación nun debate coas mocidades do Partido Popular[15].

A Mocidade Nacionalista Galega fai parte, así mesmo, da Plataforma contra a Lei de Augas sendo a única organización do ámbito BNG que deu ese paso[16].

Ademais, a MNG ten feito numerosas posturas públicas sobre diversas temáticas decidida a incidir no debate político. Neles, ten apostado pola renovación doutrinal do nacionalismo[17], a defensa da cultura galega[18], o apoio ao pobo palestino[19] ou en favor dunha converxencia de esquerdas nas eleccións ao Senado[20].

Referentes internacionais

[editar | editar a fonte]

Entre os seus referentes estatais e internacionais están as Joventuts Nacionalista de Catalunya, organización ligada a Converxencia Democrática de Cataluña, Euzko Gaztedi Indarra, xuventudes do Partido Nacionalista Vasco (PNV)e a Jóvenes Nacionalistas Canarios de Coalición Canaria. Partidos cos que Compromiso por Galicia compartiu candidatura en Coalición por Europa.

  1. "A MNG nace coa idea de ser a vangarda de Máis Galiza", 20 minutos (en castelán).
  2. "A Mocidade Nacionalista Galega decide abandonar Galiza Nova", Praza Pública, 10 de marzo de 2012.
  3. "Entre tod@s, Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2010. Consultado o 05 de setembro de 2011.
  4. "O proceso Máis Mocidade culminará o día 13 de novembro cunha Asemblea Nacional constituínte". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2010. Consultado o 05 de setembro de 2011.
  5. Candidatura única à Executiva Nacional da MNG[Ligazón morta]
  6. "Páxina web da Plataforma Entre Tod@s, Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2010. Consultado o 05 de setembro de 2011.
  7. Posición política da Plataforma Entre Tod@s, Galiza Nova
  8. "Resultados da Plataforma da XI Asemblea Nacional de Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 05 de setembro de 2011.
  9. "En marcha as xornadas 2.0 da Mocidade Nacionalista Galega", Código Cero.
  10. "Beiras dice que "los terroristas más peligrosos están en el poder: Rajoy, Rouco, Rubalcaba..."", Público.
  11. A Mocidade Nacionalista Galega fala de sexo o mércores 16 en Compostela[Ligazón morta].
  12. Cadaquen ao seu xeito Arquivado 15 de novembro de 2011 en Wayback Machine..
  13. A Mocidade Nacionalista Galega inicia a campaña 'Mételle un gol a Feijoo'[Ligazón morta].
  14. A MNG organiza en Compostela a xornada de formación 'Tempos de Traballo'[Ligazón morta].
  15. A Mocidade Nacionalista Galega e Novas Xeracións debaten este luns[Ligazón morta].
  16. A manifestación nacional contra a lei de augas de Galiza[Ligazón morta].
  17. A Mocidade Nacionalista Galega é crítica coa postura de Galiza Nova de homenaxear a Pardo de Cela[Ligazón morta].
  18. A Mocidade Nacionalista Galega lanza un manifesto polo Día das Letras Galegas 2011 Arquivado 15 de novembro de 2011 en Wayback Machine..
  19. A MNG apoia a flotilla da liberdade[Ligazón morta].
  20. A Mocidade Nacionalista Galega apoia unha candidatura "galega e de esquerdas" para o Senado Arquivado 14 de novembro de 2011 en Wayback Machine..