Saltar ao contido

Fuco Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFuco Gómez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1895 Editar o valor en Wikidata
Montaña de Agra, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1972 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, político Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1286594

Francisco Gómez Gómez, coñecido como Fuco Gómez, nado en Montaña de Agra (Ouselle, Becerreá) o 9 de xullo de 1895 e finado na Habana o 9 de xaneiro de 1972, foi un escritor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Fuco Gómez presenta o estandarte de Hijos de Becerreá y su Comarca, 1927.

Residiu en Cuba, a onde chegou en 1913, a maior parte da súa vida. Autodidacta, participou activamente en actividades políticas no seo da colonia galega e comezou a escribir en publicacións como Galicia, Heraldo de Galicia e Eco de Galicia defendendo a independencia de Galicia e a súa lingua. Tamén chegou a ser presidente da "Sociedad de Instrucción de Becerreá y su contorno". Participou na constitución das primeiras organizacións políticas galegas, como a Irmandade Galega da Habana en 1917, o Partido Autonomista Galego dous anos máis tarde, e ao ano seguinte a Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana e o Comité Revoluzonareo Arredista Galego, de carácter independentista. Para a Xuntanza Nacionalista Galega dirixiu a revista Nós e a publicación Terra Gallega.

Durante a Segunda República volveu para Galiza en 1932 co obxectivo de defender o independentismo, mais cun rotundo fracaso, pois os galeguistas considerárono un aventureiro. Tamén se dedicou a recoller palabras e refráns populares. Publicou varios artigos en A Fouce. Regresou a Cuba en 1935.

Colaborou en Cultura Gallega e foi presidente da Institución Galega (Círculo Benéfico Cívico-Social) en 1940. Entre os anos 1941 e 1961 dirixiu a revista mensual Patria Galega. Fuco Gómez publicou case medio cento de obras.

  • Grafía galega, 1926 (ensaio).[1]
  • Naciones Ibéricas, 1931.
  • O idioma dos animás. Opúscaro de enxebreza, 1937 (novela).
  • Pastorelas (poesía).
  • Ensayos de Crítica e Historia de Galicia, 1960.
  1. D., S. (24 de decembro de 2020). "Fuco Gómez, o "escritor prolífico e político comprometido coa Galiza" que é case un descoñecido". nos diario.gal. Consultado o 26 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]