Partido Galeguista Nacionalista
Aparencia
| Partido Galeguista Nacionalista | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Ideoloxía política
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Escindido de
| |
|
Fusionado con
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Disolución
| |
| Localización | |
|
Área de operación
| |
|
País
| |
| Wikidata |
O Partido Galeguista Nacionalista foi un partido nacionalista galego creado en 1984.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trala decisión do Partido Galeguista de se integrar en Coalición Galega, en 1984, un grupo de 50 militantes liderados por Ramón Martínez López e Manuel Beiras desconformes coa decisión decidiron organizar un novo partido galeguista.
Non participaron nas eleccións do Parlamento de Galicia de 1985 nin ás estatais de España de 1986; mais nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 1987 concorreron en coalición co Partido Nacionalista Vasco, na Unión Europeísta[1], onde obtiveron 5.322 votos en Galiza (0,43% dos votos nacionais).
En 1988, esta forza política, únese ao PNG para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os partidos vascos irán ás eleccións europeas en coalición con cataláns e galegos, El País, 23 de abril de 1987.
- ↑ Redacción (2 de novembro de 1988). "Fusión do Partido Nacionalista Galego e o Partido Galeguista". crtvg.gal. Consultado o 14 de setembro de 2020.