Nacionalismo bérber
O nacionalismo bérber, tamén chamado berberismo ou amazighismo,[1] é un movemento político bérber baseado no nacionalismo cultural e étnico. Comezou principalmente en Cabilia (en Alxeria) e en Marrocos, e posteriormente estendeuse ao resto de comunidades bérberes da rexión do Magreb, no norte de África. Un grupo bérber, os tuaregs, declaráronse en rebelión contra Malí no ano 2012, e estabeleceron temporalmente un estado independente de facto chamado Azawad, que se identificaba a si mesmo como bérber.
O movemento berberista en Alxeria e Marrocos é unha oposición cultural á arabización e á ideoloxía panarabista. En Azawad (norte de Malí), o movemento tuareg-berberista é tamén secularista e está en oposición tanto ao arabismo como á discriminación percibida contra os tuareg nómades por parte doutros grupos malianos e do goberno.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ KabylHeritage (12 de abril de 2012). "Amazigh North Africa, The West, And The Arab-Islamic Tyranny". Consultado o 10 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bernard Lugan, Histoire des Berbères, des origines à nos jours. Un combat identitaire pluri-millénaire, Afrique Réelle, 2012.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Les Etats du Maghreb face aux revendications berbères, por Maxime Ait KAKI, artigo completo. (en francés)
- Petite histoire de la question berbère en Algérie, por Yassin Temlali. (en francés)