Nacionalismo polaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Polonia.

O nacionalismo polaco (en polaco: Nacjonalizm polski) é unha forma de nacionalismo que afirma que os polacos son unha nación e promove a unidade cultural de polacos. Norman Davies, no contexto de nacionalismo polaco, defíneo xeralmente como "unha doutrina ... Para crear unha nación espertando a concienciación das persoas sobre a súa nacionalidade, e para mobilizar os seus sentimentos nun vehículo de acción política".[1]

O antigo protonacionalismo polaco da Confederación de Polonia e Lituania, que se baseaba na identidade polaco-lituana da súa poboación, era multiétnico e multirelixioso, aínda que os polacos étnicos constituían a maioría da poboación e o catolicismo romano era a relixión máis dominante dentro da nación. A ideoloxía nacionalista que se desenvolveu pouco despois das Particións estivo inicialmente libre de calquera tipo de "nacionalismo étnico".[2][3] Foi un movemento romántico que buscaba a restauración do estado soberano polaco.[1] O nacionalismo romántico polaco foi descrito por Maurycy Mochnacki como "a esencia da nación" xa non definida por fronteiras senón por ideas, sentimentos e pensamentos derivados do pasado.[2] O nacemento do nacionalismo moderno baixo o dominio estranxeiro coincidiu co Alzamento de Novembro de 1830 e a posterior Primavera das Nacións. Porén, a derrota sufrida polos polacos tamén rompeu o espírito revolucionario polaco.[2] Moitos intelectuais recorreron ao darwinismo social de Herbert Spencer, culpando á filosofía romántica da perda da súa propiedade, da destrución masiva e, finalmente, da perda da nación.[2] Coa chegada do positivismo entre 1860 e 1890, o nacionalismo polaco converteuse nunha causa elitista.[2] Debido a que os poderes de partición non podían identificarse coa nación polaca,[1] a ideoloxía fíxose máis restritiva en termos de etnia e relixión.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Norman Davies (24 de febreiro de 2005). God's Playground A History of Poland: Volume II: 1795 to the Present. Oxford University Press. p. 8. ISBN 978-0-19-925340-1. Consultado o 23 de setembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Nolan Kinney (Spring 2009). "The Positive Reawakening Of Polish Nationalism" (PDF file, direct download 69.8 KB). Western Oregon University Department of History. Consultado o 15 de decembro de 2013. 
  3. Stefan Auer (22 de xaneiro de 2004). Liberal Nationalism in Central Europe. Routledge. p. 57. ISBN 978-1-134-37860-9. Consultado o 23 de setembro de 2013. 
  4. Thomas K. Nakayama; Rona Tamiko Halualani (21 de marzo de 2011). The Handbook of Critical Intercultural Communication. John Wiley & Sons. p. 296. ISBN 978-1-4443-9067-4. Consultado o 23 de setembro de 2013.