Nacionalismo aragonés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A estrelada aragonesa

O nacionalismo aragonés é unha ideoloxía política que defende que Aragón ten historia, lingua, leis e cultura propios como para ter unha maior autonomía ou incluso un estado independente. Un dos símbolos máis empregados é a estrelada aragonesa, formata polas catro barras de Aragón e unha estrela vermella ó centro.

Os principais partidos aragonesistas son:

Historia[editar | editar a fonte]

Dende o comezo do século XVIII, no que Aragón perde definitivamente a súa independencia política, a sensación dunha unidade nacional é considerada de diversos xeitos pola poboación aragonesa, aínda que en ningún intre déixanse de ter claras as características que forman o territorio e o pobo aragonés, froito da continuidade multisecular de Aragón como reino soberán.

Non obstante, non será até o século XX, en 1919, que comezará a aparecer politicamente unha visión de Aragón de carácter nacionalista nas páxinas de El Ebro, a revista da Unión Regionalista de Barcelona, que despois se chamaría Unión Aragonesista. De entre todos os seus nomes, descollarían dúas figuras: Gaspar Torrente e Julio Calvo Alfaro.