Assembleia da Mocidade Independentista
Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) | |
---|---|
Organización xuvenil de Galiza | |
Historia | |
Fundación | 1996 |
Disolución | 2014 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialismo Independentismo Reintegracionismo Feminismo[1] |
Outros datos | |
Na rede | |
amigaliza.org | |
A Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) foi unha organización política independentista galega formada por xente nova constituída formalmente en Bueu no ano 1996, aínda que traballou coordinadamente desde o 1993.
Anunciou a súa disolución en setembro de 2014.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A AMI fundouse en 1993 como organización xuvenil da Assembleia do Povo Unido pero seguiu a manter a súa estrutura cando esta se disolveu en 1995. Participou no processo Espiral que deu lugar á fundación de Nós-UP, organización que os militantes da AMI acabaron por abandonar en 2005.
A intención da AMI era potenciar o independentismo entre a mocidade. Para iso participou na organización de centros sociais, actividades de lecer, accións de protesta etc. En setembro de 2014 a organización indepentendista galega anunciou a súa disolución polo acoso policial, xudicial, político e social.
Acusacións
[editar | editar a fonte]Varios dos seus militantes foron detidos pola policía acusados de actos de terrorismo. O 24 de xullo de 2005, na véspera do Día da Patria Galega, dous membros de AMI foron detidos acusados de colocaren un artefacto explosivo de considerable potencia na principal sede de Caixa Galicia en Santiago. Logo de máis de tres anos en prisión, Uxío Caamaño Santiso e Xiana Rodríguez Gómez foron xulgados, sendo condenados a tres anos, nove meses e un día de prisión como autores dun delito de danos "coa finalidade de subverteren a orde constitucional e furto dun vehículo a motor".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web de AMI
- Terra Livre TV, blog de información de AMI, con vídeos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2014. Consultado o 01 de outubro de 2014.