Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Karakalpaquistán[1] (en uzbeko:Qoraqalpogʻiston;karakalpak:Qaraqalpaqstan / Қарақалпақстан), oficialmente coñecida como República de Karakalpaquistán (karakalpak:Qaraqalpaqstan Respublikası / Қарақалпақстан Республикасы; uzbeko:Qoraqalpogʻiston Respublikasi) é unha república autónoma de Uzbekistán. O territorio abrangue todo o noroeste de Uzbekistán. A capital é Nukus (en karakalpak:Noʻkis; Нөкис). A República de Karakalpaquistán ten unha área de 160000 km². O territorio cobre a rexión histórica de Corasmia, que na literatura persa clásica era coñecida como Kāt (کات).
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.