Nacionalismo romanés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Romanía.
Mapa administrativo de Romaníaa en 1930, antes da partición de Moldavia.

O nacionalismo romanés (en romanés: Naționalism românesc) é o nacionalismo que afirma que os romaneses son unha nación e que promove a unidade cultural dos romaneses.[1][2] A súa variación extremista é o ultranacionalismo romanés.[3] Unha das ideas defendidas polo nacionalismo romanés é a da Gran Romanía,[4][5] cuxo principal obxectivo é a creación dun estado nación que incorpore a todos os falantes de lingua romanesa.[6][7][8][9][10] En 1920, despois da incorporación de Transilvania, Bucovina, Besarabia e partes de Banato, Crișana e Maramureș, o estado romanés acadou a súa máxima extensión en tempos de paz da súa historia (295 049 km²). Hoxe en día, o concepto da Gran Romanía serve como principio para a unificación de Romanía e Moldavia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lavinia Stan, Lucian Turcescu, Religion and Politics in Post-Communist Romania, Oxford University Press, 2007 p. 53
  2. Irina Livezeanu, Cultural Politics in Greater Romania: Regionalism, Nation Building & Ethnic Struggle, 1918-1930, Cornell University Press, 2000, p. 4 e p. 302
  3. Aristotle Kallis, Genocide and Fascism: The Eliminationist Drive in Fascist Europe, Routledge, 2008, p. 75
  4. Peter Truscott, Russia First: Breaking with the West, I.B.Tauris, 1997, p. 72
  5. "Moldova's Political self and the energy Conundrum in the Context of the European neighbourhood Policy" (PDF). ISN ETH Zurich. 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-03-04. Consultado o 2014-05-23. 
  6. "The Romanian Holocaust in Memory and Commemoration, The Jewish fate during World War II in postwar commemoration". University of Amsterdam. 2012. Consultado o 2014-05-21. 
  7. Irina Livezeanu, Cultural Politics in Greater Romania: Regionalism, Nation Building & Ethnic Struggle, 1918-1930, Cornell University Press, 2000, p. 4 e p. 302
  8. Iván T. Berend, History Derailed: Central and Eastern Europe in the Long Nineteenth Century, University of California Press, 2013, p. 112 e p. 252
  9. Lavinia Stan, Lucian Turcescu, Religion and Politics in Post-Communist Romania, Oxford University Press, 2007 p. 53
  10. Alekseĭ Georgievich Arbatov, Managing Conflict in the Former Soviet Union: Russian and American Perspectives, MIT Press, 1997, pp. 202-204

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]