Nacionalismo zazaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira cultural do pobo zazaki.

O nacionalismo zazaki (en zazaki: Nasyonalizmê Zazayan) é o nacionalismo que afirma que os zazakis son unha nación e que promove a súa unidade cultural respecto da cultura de Turquía. O movemento tamén apoia a idea de que os zazakis son un grupo étnico diferente dos kurdos.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois da fundación da república de Turquía, o pobo zazaki participou en moitos levantamentos, en 1925, liderados por Sheikh Said e en 1937 no levantamento de Dersim. Porén, estes disturbios tiveron lugar principalmente en forma de liortas tribais e conflitos relixiosos.[1] O nacionalista turco Hasan Reşit Tankut propuxo en 1961 crear un corredor entre os falantes de zazaki e os falantes de lingua kurda setentrional para acelerar a súa turquificación.[2] Nalgúns casos na diáspora, os zazakis recorreron ao nacionalismo zazaki debido ás diferenzas máis visibles entre eles e os falantes de lingua kurda setentrional.[2]

Especialmente nos últimos anos, as asociacións culturais e lingüísticas zazaki foron xeneralizáronse, co estabelecemento da Federación de Asociacións de Zazakis e o estabelecemento do Partido do Tempo da Democracia, os cales comezaron a adoptar máis a identidade zazaki.[3]

Co "Departamento de Lingua e Literatura Zazaki" impartido na Universidade de Bingöl e na Universidade de Munzur, realízanse estudos sobre a identidade da lingua zazaki. Co Simposio Internacional de Historia e Cultura de Zaza, destacáronse moitos temas no campo da lingua zazaki e foron postos na axenda moitos temas sobre os zazakis.[4]

Notas[editar | editar a fonte]