Nacionalismo étnico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O político ucraíno Oleh Lyashko durante unha manifestación etnonacionalista en Lviv, no ano 2014.

O nacionalismo étnico, tamén coñecido como etnonacionalismo,[1] é unha forma de nacionalismo no cal a nación e a nacionalidade son definidas en termos de etnicidade,[2][3] con énfase en etnocentrismo en varios temas políticos relacionados coa afirmación nacional dun grupo étnico particular.[4][5]

O tema central do etnonacionalismo é que as "nacións están definidas por unha herdanza compartida, que polo xeral inclúe unha lingua común, unha fe común e unha ascendencia étnica común".[6] Tamén inclúe ideas como unha cultura compartida como membros do mesmo grupo.

Se ben algúns tipos de nacionalismo étnico están firmemente arraigados na idea da etnicidade como unha característica herdada inmutable (por exemplo o nacionalismo negro ou o nacionalismo branco), a miúdo o nacionalismo étnico tamén se manifesta na asimilación de grupos étnicos minoritarios dentro do grupo dominante (como no caso da italianización). Esta asimilación pode ou non estar baseada na crenza nalgún devanceiro común con grupos asimilados (por exemplo coa xermanización na segunda guerra mundial). Unha versión extrema é o nacionalismo racial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leoussi 2001, p. 81-84.
  2. Smith 1987, p. 134-138, 144-149.
  3. Smith 2009, p. 61-80.
  4. Smith 1981, p. 18.
  5. Roshwald 2001.
  6. Muller, Jerry Z. "Us and Them." Current Issue 501 Mar/Apr 2008 9–14

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]