Saltar ao contido

Nacionalismo do Ulster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A bandeira non oficial da 'Nación do Ulster' proposta polos nacionalistas do Ulster.
Irlanda do Norte (amarelo escuro) dentro do Reino Unido (amarelo claro).

O nacionalismo do Ulster é un movemento político de Irlanda do Norte que busca a independencia de Irlanda do Norte do Reino Unido sen unirse á República de Irlanda, converténdose así nun estado independente soberano separado de ambos.

O movemento foi formado por militantes lealistas protestantes que estaban insatisfeitos do tratamento británico cara a eles, en particular o encarceramento de militantes terroristas da Forza Voluntaria do Ulster (UVF) e da Asociación en Defensa do Ulster (UDA/UFF)

Evolución de lealistas a separatismo de Gran Bretaña

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Lealismo do Ulster.

Sunningdale foi o primeiro exemplo dunha separación de opinións entre os bandos protestantes. Unionismo, e a súa filial o lealismo, teñen metas muyoi conservadoras, e están a prol de manter o statu quo en Irlanda do Norte, a preferencia de protestantes para empregos públicos e de obreiros. Moitos protestantes obreiros, como Charles Harding Smith, inicialmente viron os católicos como rivais no traballo. A elite norteirlandesa, en particular a nobreza, animaba a inimizade entre os obreiros protestantes e católicos para salvagardar o seu alto nivel de vida, mais sempre se abstiveron de bendicir as accións terroristas da UVF e da UDA/UFF. Despois da caída do Acordo de Sunningdale producíronse moitas divisións que causaron o illamento da UVF, UDA, e os seus seguidores do resto da comunidade protestante.

Reacción do Estado cos paramilitares

[editar | editar a fonte]

Con inxenuidade, moitos lealistas que eran veteranos do Exército Británico, a policía ou outros servizos británicos, creron que o estado británico lles agradecería por impedir unha revolución republicana. Nos anos 1960, o IRA estaba baixo influencia comunista, isto ocorría nos tempos máis tensos da guerra fría. A tal punto, os servizos de seguridade como o MI5 e a RUC aproveitáronse de figuras lealistas para manipular o movemento. No canto de facerse aliados con eles, as autoridaades adoitaban aproveitarse dos militantes cando lles resultaba máis conveniente. En 1966, a UVF foi prohibida polo goberno de Irlanda do Norte como resultado de asasinatos seitarios. Nos anos 1970, a policía infiltrouse nos militantes e moitos deles foron encarcerados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Correspondence between His Majesty's Government and the Prime Minister of Northern Ireland relating to the proposals for an Irish settlement. Command papers. Cmd.1561. HMSO. 1921.