Nacionalismo castelán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O nacionalismo castelán (tamén chamado castelanismo) é unha ideoloxía orientada a preservar e promover os valores propios e distintivos do que se considera Castela: tradicións, cultura, recursos naturais e humanos, integridade territorial, e o cuestionamento das políticas centralistas de índole identificadora entre o español e o castelán.

Esisten diversos movementos que poden cualificarse de nacionalistas casteláns: xa sexan de índole rexionalista ou nacionalista, á marxe da súa orientación política (esquerdas, socialdemócrata, dereitista...). Remontan as súas raigumes políticas ao Pacto Federal Castelán de 1869, asinado polos representantes e delegados do partido procedentes de 17 provincias castelás. Propúgnase desde entón a unificación deses territorios, considerados de raíz milenaria ou de evolución secular castelá, que estarían compostos por un total de cinco comunidades autónomas actuais: as dúas autonomías nominalmente castelás (Castela e León e Castela-A Mancha), máis Cantabria, Madrid e A Rioxa, ademais diversas comarcas que non pertencen a devanditas comunidades autónomas, pero que formaron parte historicamente do Reino de Castela, situadas ao sueste e suroeste dese mapa pretendido.

Mural nacionalista en Villalar de los Comuneros
Adhesivo nacionalista castelán

Territorialidade[editar | editar a fonte]

A territorialidade que reivindican os movementos castelanistas depende do sector ao que pertenzan. Unha parte do rexionalismo castelán fai unha distinción amigable entre o norte e o sur de Castela (considerando a separación natural do Sistema Central). Por outra banda, as teses de Anselmo Carretero fan unha lectura moito máis concisa de Castela, restrinxindo esta á denominada "Castela condal" (os territorios do primixenio condado de Castela). Finalmente, o nacionalismo castelán, considera coma unha mesma entidade a área sociocultural que se correspondería co mapa de linguas, dialectos e falas de España que definen como de cultura propiamente castelá. Aí inclúen territorios como a bisbarra de Requena e Utiel, que, trala organización territorial de 1833, ficaron integradas no que hoxe é a Comunidade Valenciana. A meirande parte do castelanismo, a excepción de Izquierda Castellana e o Movimiento Popular Castellano, non renuncia ao enclave burgalés de Treviño, que se encontra arrodiado polo territorio da provincia vasca de Áraba.

En canto a ordenamento territorial, o castelanismo defende a comarcalización da rexión, suprimindo en última instancia as provincias ideadas en 1833.

Territorio reclamado polo nacionalismo castelán

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente, o castelanismo toma como punto de referencia a Guerra das Comunidades de Castela, así como a figura de Juan Martín Díez "O Empecinado", como base do federalismo castelán do século XIX e o posterior Pacto Federal Castelán de 1869. A síntese dos movementos, se adscriben aos ideais expostos na revolución comuneira de 1521. Pódese tomar como referencia os escritos do hispanista francés Joseph Pérez, como medio de estudo daqueles feitos. Entre outros moitos, tamén se consideran pensadores castelanistas (ou precursores, nalgúns casos, do castelanismo) a:

Normalmente existen tres correntes ideolóxicas dentro do castelanismo: o rexionalismo, o nacionalismo e o independentismo:

  • O rexionalismo procura o recoñecemento de Castela como comunidade autónoma no conxunto de España e pide un trato igual ao dado a outras rexións españolas, así como o máximo respecto ás súas tradicións e cultura. Foron ou son consideradas rexionalistas castelás agrupacións normalmente de centro dereita como Unidad Castellana, La Unión ou Comunidad Castellana. Actualmente, o movemento rexionalista máis forte en Castela é o Partido Castellano, unha formación de centro.
  • O nacionalismo, ademais do anterior, pide que Castela sexa recoñecida como nacionalidade histórica e que ocupe o seu lugar como nación nunha España federal. Son ou foron deste parecer partidos de centro ou centro esquerda como Tierra Comunera, Unidad Comunera Castellana ou Unión Castellanista.
  • Finalmente o independentismo busca a plena soberanía de Castela por medio da súa autodeterminación como estado libre e soberano. A esta corrente adoitan adscribirse agrupacións de esquerda, como por exemplo Izquierda Castellana, Comuner@s, Comunistas de Castilla ou a organización xuvenil Yesca.

Simboloxía[editar | editar a fonte]

O castelanismo en xeral identifícase co pendón tradicional carmesí do Reino de Castela. A bandeira sobre campo de goles, un castelo de ouro ameado de tres ameas, mamposteado de cor sable negro e clarado de azul. Aínda Que os movementos reivindicativos en maior medida o que tradicional aínda que erróneamente[1] se veu identificando cun pendón comuneiro, de cor morada, actualmente representada de cor anil. A esquerda castelanista utiliza o pendón morado comuneiro cunha estrela vermella detrás do castelo, en ocasións a estrela é de cor negra en representación aos castelanistas libertarios, autónomos ou anarcoindependentistas.

Se ben esisten outros símbolos como a cruz de Fernán González e o broquel castelán, así como os distintivos propios de cada colectivo.

Bandeira de Castela e León
Bandeira de Castela en cor carmesí.
Bandeira comuneira de Castela.
Bandeira comuneira de Castela con estrela vermella.

Celebracións[editar | editar a fonte]

A data clave dos movementos reinvidicativos casteláns é o 23 de abril, aniversario da Batalla de Villalar, reivindicada e celebrada como Día nacional de Castela. Tamén existen outras datas significativas:

Celebración de Villalar

Autores de referencia[editar | editar a fonte]

Diversos escritores formularon teses sobre a identidade castelá, as cales foron adoptadas como formulacións de base do castelanismo actual:

Colectivos castelanistas[editar | editar a fonte]

Poden considerarse movementos castelanistas os seguintes partidos e asociacións:

Notas[editar | editar a fonte]