Caciquismo

O caciquismo foi unha práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, empregando o sistema de encadramento, pucheirazo, "resurrección de mortos" etcétera.
Características[editar | editar a fonte]

Este sistema caracterízase por un peculiar sistema de elección de candidatos denominado sistema de quendas, no que o cacique formaba parte da oligarquía local encargada de someter ó pobo con restricións económicas e sociais, co último fin de afianzar as súas redes de compromiso co goberno central.
Cita de Castelao sobre o caciquismo:
O caciquismo galego deixará de existir cando se lexisle para Galiza e os labregos se sintan amparados pola Lei, sen medo á XusticiaRodríguez Castelao, Alfonso Daniel. Sempre en Galiza
En Galiza, o caciquismo ten unha longa historia[1], a tal punto que "as discusións acerca da pervivencia ou non do caciquismo en Galiza e baixo que formas parece ser un dos tópicos permanentes dos debates". Hoxe, algunhas das prácticas mantéñense e son obxecto de polémica, especialmente o reconto de votos de persoas falecidas.[2] Por outra banda, tamén é habitual recoñecer os designamentos a dedo como unha das máis estendidas prácticas caciquís.[3]
Literatura[editar | editar a fonte]
A figura do cacique como máximo expoñente do caciquismo ten sido tratada en numerosas ocasións tanto na literatura galega, como é o caso por exemplo da novela A Besta! de Patricio Delgado Luaces ou máis recentemente o de Casa Skylab de Santiago Jaureguízar, como na literatura en castelán escrita por galegos, como sucede coa novela O anarquista, da autoría de Leandro Pita Romero.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ «…Áraba: Urquijo, Albacete: Ochando, Alacant: Capdepón, Almería: Navarro Rodrigo, Ávila: Silvela. Badaxoz: Gálvez Holguín. Baleares: Maura. Barcelona: Comillas. Burgos: Liniers. Cáceres: Camisón. Cádiz: Auñón. Canarias: León y Castillo. Castellón: Tetuán. Cidade Real: Nieto. Córdoba: Vega Armijo. A Coruña: Aureliano Linares Rivas. Cuenca: Romero Girón. Xirona: Llorens. Granada: Aguilera. Guadalajara: Romanones. Guipúscoa: Sánchez Toca. Huelva: Monleón. Huesca: Castelar. Lleida: Duque de Denia. Logroño: Salvador. Lugo: Benigno Quiroga Ballesteros. Madrid: La bola de Gobernación. Málaga: Romero Robledo. Murcia: García Alix. Navarra: Mella. Ourense: Gabino Bugallal. Oviedo: Pidal. Palencia: Barrio y Mier. Pontevedra: José Elduayen. Salamanca: Tamames. Santander: Eguillor. Segovia: Oñate. Sevilla: Ramos Calderón. Soria: Vizconde de los Asilos. Tarragona: Bosch y Fustegueras. Teruel: Castel. Toledo: Cordovés. Valencia: Jimeno. Valladolid: Gamazo. Viscaia: Martínez Rivas. Xaén: Almenas. León: Gullón. Zamora: Requejo. Zaragoza: Castellano.»
- Referencias
- ↑ Caciquismo[Ligazón morta], artigo de José Luis Pintos, da USC
- ↑ Xornal de Galicia proba que os mortos votan en Galiza Arquivado 04 de marzo de 2011 en Wayback Machine. Nova aparecida en Xornal de Galicia o 15 de xaneiro de 2009 (en castelán).
- ↑ Prácticas caciquís nos nomeamentos. Nova aparecida en Vieiros o 30 de xullo de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Caciquismo e funcionariado na Galicia do século XIX. Pablo Isidoro González Mariñas e José Ramón Barreiro Fernández, 1997, ISBN 84-453-2088-2
- Caciquismo e poder local na Galicia da Restauración. Francisco Candeira Mosquera, 1990, Edicións Galicia-Sur (Ponteareas) ISBN 84-404-8088-1
- El poder de la influencia : geografía del caciquismo en España: (1875-1923). José Varela Ortega, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2001 ISBN 84-259-1152-4