Nacionalismo khmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Camboxa.

O nacionalismo khmer ou nacionalismo camboxano (en khmer: ជាតិនិយមខ្មែរ, Chéatĕ Nĭyôm Khmêr) é unha forma de nacionalismo atopado en Camboxa, o cal afirma que os camboxanos conforman unha nación e promove a unidade cultural de Camboxa.

Orixe do nacionalismo khmer[editar | editar a fonte]

Ao contrario de Vietnam, o nacionalismo khmer permaneceu relativamente tranquilo durante gran parte do dominio francés, principalmente debido á menor influencia da educación, o que axudou a que as taxas de alfabetización se mantivesen baixas e impediu movementos nacionalistas como os que se producían en Vietnam. Porén, entre a elite camboxana con educación francesa, as ideas occidentais de democracia e autogoberno, así como a restauración francesa de monumentos como Angkor Wat, crearon un sentimento de orgullo e conciencia do status poderoso de Camboxa no pasado. Na educación, tamén houbo un resentimento crecente entre os estudantes camboxanos da minoría vietnamita que tiñan un status máis favorecido. En 1936, Son Ngoc Than e Pach Choeun comezaron a publicar Nagaravatta (Notre cité) como un xornal anticolonial de lingua francesa e, ás veces, antivietnamita. Movementos independentistas menores, especialmente o Khmer Issarak, comezaron a desenvolverse en 1940 entre os camboxanos en Tailandia, que temían que as súas accións levaran a castigo se operasen na súa terra natal.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Philip Short, Pol Pot anatomie d'un cauchemar, Denoël, 2007, page 47