Dereita Galeguista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dereita Galeguista foi un partido galeguista de dereitas activo durante os últimos meses da Segunda República Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Este partido de vida efémera xorde pola oposición dos sectores católicos do Partido Galeguista ós posibles pactos coa esquerda. En maio de 1935 un grupo de militantes do Partido Galeguista de Pontevedra encabezados por Xosé Filgueira Valverde marcharon do partido como protesta pola política de pactos coa esquerda e organizaron unha nova organización, coñecida como Dereita Galeguista. En febreiro de 1936, ante a incorporación formal do PG ao Frente Popular deixan o PG Vicente Risco e sete afiliados de Ourense pola mesma razón, en Santiago de Compostela uníuselles Manuel Beiras e Xosé Mosquera Pérez.

No seu manifesto fundacional declaráronse progresistas, demócratas, republicanos, cooperativistas e de orientación socialcristiá. A Dereita Galeguista fixo campaña a prol do estatuto de autonomía pero non presentou candidaturas nas eleccións de 1936.

Tras o comezo da Guerra Civil, Vicente Risco, entre outros militantes, adheriuse ó réxime franquista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]