Teoría do sangue puro coreano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unha enquisa da BBC de 2016 en varios países na que se preguntou cal era o factor máis determinante na propia identidade. Corea do Sur ten a proporción máis alta dada para "raza ou cultura", cun 23%.

O nacionalismo étnico coreano ou nacionalismo racial coreano,[1] é unha ideoloxía política e unha forma de identidade étnica (ou racial) que está amplamente estendida en Corea do Sur e do Norte.[2][3][4][5] Está baseado na crenza da teoría do sangue puro coreano, segundo a cal os coreanos forman unha nación, unha raza e un grupo étnico que comparte unha liñaxe unificada e unha cultura diferenciada.[6] Céntrase na noción do minjok (en coreano: 민족), un termo que foi acuñado no Xapón imperial ("minzoku") a comezos da era Meiji. Minjok foi tradución como "nación", "pobo", "grupo étnico", "raza" e "raza-nación".[7][8][9][10]

Este concepto xurdiu entre os intelectuais coreanos despois do protectorado imposto polos xaponeses no ano 1905,[11] cando os xaponeses tentaban persuadir aos coreanos de que ambas nacións eran parte da mesma liñaxe racial.[12][13] A noción do minjok coreano foi popularizada polo ensaísta e historiador Shin Chaeho na súa obra Doksa sillon (1908), unha historia de Corea dende os tempos míticos de Dangun até a caída de Balhae en 926. Shin retratou o minjok como unha raza belicosa que loitara valentemente para preservar a identidade de Corea, que máis tarde esmorecera e que agora precisaba ser revitalizada.[14] Durante o período de goberno xaponés (1910–1945), esta crenza na unicidade do minjok coreano deu forza aos movementos de resistencia contra os xaponeses e as súas políticas de asimilación.[15]

En contraste co Xapón e Alemaña, onde tales concepcións da nación baseadas na raza foron desacreditadas despois da segunda guerra mundial porque estaban asociadas co ultranacionalismo ou co nazismo,[16] as Coreas do Norte e do Sur posteriores á guerra continuaron a proclamar a súa homoxeneidade étnica e liñaxe pura.[12][17] Na década de 1960, o presidente surcoreano Park Chung-hee fortaleceu esta "ideoloxía de pureza racial" para lexitimar o seu goberno autoritario,[18] mentres que a propaganda oficial en Corea do Norte retratou aos coreanos como "a raza máis limpa."[12][13] Os historiadores coreanos contemporáneos continúan a escribir sobre a "herdanza racial e cultural únicas" da nación.[19] Esta concepción compartida dunha Corea definida racialmente continúa dando forma á política e ás relacións exteriores de Corea,[17] dá aos coreanos un pulo no seu orgullo nacional,[20] e alimenta as esperanzas da reunificación das dúas Coreas.[21]

A pesar das estatísticas que demostran que Corea do Sur está a converterse nunha sociedade cada vez máis multiétnica,[22] a maioría da poboación surcoreana segue identificándose como "un pobo" (coreano: 단일민족; Hanja: 單一民族, danil minjok) unido por unha "liña de sangue" común.[23] Unha renovada énfase na pureza do "sangue" coreano[24] causou tensións, levando a renovados debates sobre o multietnicidade e o racismo tanto en Corea do Sur como no estranxeiro.[22]

En Corea do Sur, o nacionalismo racial coreano foi descrito como unha especie de relixión civil.[25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gi-Wook Shin, Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy (Stanford University Press, 2006), p. 223.
  2. Koo, Se-woong (xullo de 2018). "Opinion - South Korea's Enduring Racism". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 2018-07-09. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  3. Kelly, Robert E. (4 de xuño de 2015). "Why South Korea is So Obsessed with Japan". Real Clear Defense. 
  4. Denney, Steven (febreiro de 2014). "Political Attitudes and National Identity in an Era of Strength and Prosperity" (PDF). A Primer on a New Nationalism in South Korea. Dominion of Canada: Department of Political Science of the University of Toronto. South Koreans do ascribe a relatively higher value to race than do other nations. 
  5. Denney, Steven (1 de abril de 2015). "Workers, Immigration, and Racialized Hierarchy". SinoNK. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2016. Racism is as much, if not more, a problem in South Korea as it is in the United States. 
  6. Gi-wook Shin, Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy (Stanford University Press, 2006), p. 2.
  7. Doolan, Yuri W. (xuño de 2012). Being Amerasian in South Korea: Purebloodness, Multiculturalism, and Living Alongside the U.S. Military Empire (Thesis). The Ohio State University. p. 63. hdl:1811/52015. 
  8. Lee, Jin-seo (2016). North Korean Prison Camps. Radio Free Asia. p. 26. ISBN 9781632180230. Consultado o 3 de marzo de 2016. 
  9. Em, Henry H. (2013). The Great Enterprise: Sovereignty and Historiography in Modern Korea, Part 2. p. 77. ISBN 978-0822353720. As noted earlier, the word minjok (read as minzoku in Japanese) was a neologism created in Meiji Japan. When Korean (and Chinese and Japanese) nationalists wrote in English in the first half of the twentieth century, the English word they generally utilized for minjok was 'race.' 
  10. Choi, Hee-an (2015). A Postcolonial Self: Korean Immigrant Theology and Church. p. 24. ISBN 9781438457352. The word minjok (민족,民族) translates as race. 
  11. Andre Schmid, Korea Between Empires, 1895-1919 (Nova York: Columbia University Press, 2002), p. 174.
  12. 12,0 12,1 12,2 B.R.Myers, The Cleanest Race: How North Koreans See Themselves and Why It Matters (Melville House, 2010), ISBN 1933633913.
  13. 13,0 13,1 North Korea's official propaganda promotes idea of racial purity and moral superiority, UC Berkeley News, 19 de febreiro de 2010.
  14. Sheila Miyoshi Jager, Narratives of Nation Building in Korea (2003), pp. 15-16; Andre Schmid, "Rediscovering Manchuria" (1997), p. 32.
  15. Hyung-il Pai, Constructing "Korean" Origins: A Critical Review of Archaeology, Historiography, and Racial Myth in Korean State-Formation Theories. Cambridge: Harvard University Asia Center, distributed by Harvard University Press, 2000), p. 1.
  16. Comparison with Japanese "ultranationalism": Andre Schmid, Korea Between Empires, 1895-1919 (Nova York: Columbia University Press, 2002), p. 277. Comparison with Germany and Nazism: Shin Gi-wook, Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy (2006), p. 19.
  17. 17,0 17,1 Ethnic pride source of prejudice, discrimination Arquivado 2011-07-20 en Wayback Machine., Gi-Wook Shin, Asia-Pacific Research Center of Stanford University, 2 de agosto de 2006
  18. Nadia Y. Kim, Imperial Citizens: Koreans and Race from Seoul to L.A. (Stanford: Stanford University Press, 2008), p. 25.
  19. Hyung-il Pai, Constructing "Korean" Origins (2000), p. 6.
  20. Gi-wook Shin, Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy (2006), pp. 1-3.
  21. Gi-wook Shin, Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy, chapter 10: "Ethnic Identity and National Unification" (pp. 185-203).
  22. 22,0 22,1 Park, Chung-a (14 de agosto de 2006). "Myth of Pure-Blood Nationalism Blocks Multi-Ethnic Society". The Korea Times. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 25 de xullo de 2011. 
  23. Pai, Hyung Il (2000). Constructing "Korean" origins: a critical review of archaeology, historiography, and racial myth in Korean state-formation theories. Harvard University Asia Center. p. 256. ISBN 978-0-674-00244-9. The idea of racial unity and continuity is embodied in the concept of tanil minjok (pure race), which holds that all Koreans have successfully maintained their "Korean-ness" by fighting off foreign invaders since the formation of the nation in prehistoric times. 
  24. Kim, Nadia Y. (2008). Imperial citizens: Koreans and race from Seoul to LA. Stanford University Press. p. 24. ISBN 978-0-8047-5887-1. Koreans' beloved trope of tanil minjok—'the single ethnic nation'— would soon come into its own (see Shin 1998). The centrality of "blood" has been revived in more current times as well. 
  25. Myers, Brian Reynolds (2017). "What North Korea Wants". Reuters War College. Soundcloud. Consultado o 2 de novembro de 2018. The South needs to retire the conventional civic religion here, which is anti-Japanese pan-Korean nationalism in favor of a collective identification of civic principles. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]