Confederación Intersindical Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Sindicato de Galiza
LogoCIG.jpg
Dirixentes e organización
Líder Paulo Carril
Mocidades CIG Mocidade
Filiación internacional Federación Sindical Mundial
Historia
Fundación 1994
Posicións políticas
Ideoloxía Nacionalismo galego
Esquerda
Socialismo
Anticapitalismo
Marxismo
Outros datos
Publicación Tempo Sindical
Páxina web http://www.galizacig.com/cig/
Edificio da CIG en Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) é un sindicato nacionalista galego formado a partir da unión da INTG e CXTG en abril de 1994. O seu primeiro secretario xeral foi Fernando Acuña. O actual secretario xeral é Paulo Carril.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A CIG está integrada por oito agrupacións comarcais (Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol, Ourense, Lugo e A Mariña) e once federacións sectoriais ou de industria (Administración Pública; Alimentación e Téxtil; Banca, Aforro e Seguros; Construción e Madeira; Ensino; Mar; Metal; Químicas e Enerxía; Sanidade; Servizos; e Transporte e Comunicacións). Así mesmo, a central sindical conta con departamentos e secretarías específicas para temas como muller, pensionistas, mocidade, saúde laboral, inmigrantes e cooperación.

O seu Consello Federal é o máximo organismo entre congresos e consta de 100 membros.

Implantación[editar | editar a fonte]

Esta organización sindical ten a consideración a efectos xurídicos de sindicato máis representativo a nivel galego ao ter máis do 15 % dos delegados de persoal e dos representantes dos traballadores nos comités de empresa, e nos órganos correspondentes das Administracións Públicas, e contar con máis de 1.500 representantes. Obtivo nas eleccións sindicais de 1990 en Galiza o 26,3% e máis de 4.000 dos delegados sindicais.[1]

A CIG supera hoxe en día os 80.000 afiliados, sendo o sindicato galego con máis afiliados.

Após as eleccións sindicais de 2007, a CIG viu de incrementar até en 1.000 os seus delegados convertendo o sindicato nacionalista no segundo con máis delegados do país chegando aos 5.623, por diante de Comisións Obreiras, que obtivo 5.576, e a tan só 556 de UGT[2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]