Saltar ao contido

Briga (organización xuvenil)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Briga
Logotipo
 Instancia de
Características
Datas
 Fundación / creación
2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/0120wf50 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: briga.organizacomjuvenilgalega Twitter: GzBRIGA Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Briga é unha organización política independentista galega formada por mozos en 2004 como escisión da Assembleia da Mocidade Independentista.[1] É a xuventude do partido político Nós-Unidade Popular e defínese como unha organización socialista, antipatriarcal, ecoloxista, antiautoritaria, antiimperialista e internacionalista. Tamén defende o monolingüismo social e o reintegracionismo lingüístico en Galiza.[2] Briga ten como referencia a AGIR no sindicalismo estudantil.

Briga creouse en 2004 tras unha escisión na Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) entre os partidarios de seguir sendo unha organización xuvenil independente e os partidarios de converterse na xuventude de Nós-Unidade Popular, que finalmente abandonou a AMI.

En maio de 2005, tres militantes da Briga foron detidos por tentar retirar na Coruña unha estatua do comandante militar fascista José Millán-Astray.[3] Nese mesmo ano a organización foi case prohibida ao ser acusada de apoiar a violencia. Cinco militantes da Briga foron detidos pola policía española e acusados de asociación ilícita. Posteriormente foron absoltos e a organización quedou totalmente legalizada. Máis tarde no mesmo ano, a policía detivo de novo a tres militantes da Briga acusados de golpear a un policía durante unha manifestación.[4]

Durante os anos seguintes, Briga fixo numerosas campañas por motivos como denunciar a especulación, defender a lingua galega ou protestar polos baixos salarios da mocidade. Unha das máis importantes foi a campaña de 2008 para pintar un mural político cada un dos 366 días dese ano, obxectivo que finalmente se acadou.[5] En 2009 durante unha manifestación da Briga en Santiago de Compostela, a policía cargou contra os manifestantes, o que deixou feridos a varios militantes da Briga e provocou disturbios na cidade vella da cidade.[6] En 2010 e 2011 a policía volveu disolver as tradicionais manifestacións da Briga o 24 de xullo (o día anterior ao Día Nacional de Galicia) en Santiago de Compostela.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]