Sociedade
| Sociedade | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||

A sociedade[1] é o conxunto de individuos que comparten fins, condutas e cultura, e que se relacionan interactuando entre si, cooperativamente, para constituír un grupo ou unha comunidade política que comparte o mesmo territorio espacial ou social, normalmente suxeito á mesma autoridade e expectativas culturais dominantes. As sociedades caracterízanse por patróns de relacións (relacións sociais) entre individuos que comparten unha cultura e institución distintas; unha sociedade dada pode describirse como a suma total de tales relacións entre os seus membros constituíntes.
As estruturas sociais humanas son complexas e altamente cooperativas, caracterizándose pola división do traballo a través de roles sociais. As sociedades constrúen roles e outros patróns de comportamento considerando certas accións ou conceptos aceptables ou inaceptables; estas expectativas con respecto ao comportamento dentro dunha sociedade dada coñécense como normas sociais. Na medida en que é colaborativa, unha sociedade pode permitir que os seus membros se beneficien de xeitos que serían difíciles de conseguir individualmente.
As sociedades varían segundo o nivel tecnoloxico e o tipo de actividade económica. As sociedades máis grandes, con maiores excedentes de alimentos, adoitan exhibir patróns de estratificación social ou xerarquía de dominancia. As sociedades poden ter diferentes formas de goberno, diversas formas de entender o parentesco e diferentes roles de xénero. O comportamento humano varía inmensamente entre as diferentes sociedades; os humanos configuran a sociedade, pero a sociedade, á súa vez, configura os humanos.
Existen sociedades animais como as sociedades de formigas ou as de primates cuxo estudo realízao a sociobioloxía ou a etoloxía social. As sociedades de humanos son estudadas polas chamadas disciplinas sociais, principalmente a socioloxía e outras como a antropoloxía e a economía. Modernamente, existe un interese da física, desde a perspectiva de sistemas complexos, polo estudo de fenómenos sociais; este esforzo deu lugar a disciplinas como a sociofísica e a econofísica. Nun sentido aínda máis amplo, fálase de sociedade virtual referida ós fenómenos que se xeran e observan en grupos baixo interacción no ciberespazo, sociedades artificiais como a de ordenadores interconectados ou sociedades de robots, de autómatas, de criaturas dixitais etcétera.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O vocábulo "sociedade" procede da palabra latina societas, que á súa vez deriva do substantivo socius ("camarada, amigo, aliado"), empregado para describir unha ligazón ou interacción entre partes que son amistosas ou polo menos civilizadas.
Concepcións
[editar | editar a fonte]En bioloxía
[editar | editar a fonte]

Os humanos, xunto cos seus parentes máis próximos, os bonobos e chimpancés, son animais altamente sociais. Este contexto biolóxico suxire que a sociabilidade subxacente necesaria para a formación de sociedades está arraigada na natureza humana.[2] A sociedade humana caracterízase por altos graos de cooperación e diferénciase en aspectos importantes dos grupos de chimpancés e bonobos, incluíndo o rol parental dos homes,[3][4] o uso da linguaxe para comunicarse,[2] a especialización do traballo e a tendencia a construír "niños" (campamentos multixeneracionais, pobos ou cidades).[5]
Algúns biólogos, incluído o entomólogo E. O. Wilson, clasifican aos humanos como eusociais, situando aos humanos xunto ás formigas no nivel máis alto de sociabilidade no espectro da etoloxía animal, aínda que outros non están de acordo.[5] A vida en grupo social pode evolucionar nos humanos debido á selección de grupo en ambientes físicos que dificultaban a supervivencia.[6]
En socioloxía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Socioloxía.
Na socioloxía occidental, hai tres paradigmas dominantes para entender a sociedade: funcionalismo (tamén coñecido como funcionalismo estrutural), teoría do conflito e interaccionismo simbólico.[7]
Segundo Karl Marx,[8] os seres humanos son intrinsecamente, necesariamente e por definición seres sociais que, ademais de seren "criaturas gregarias", non poden sobrevivir e satisfacer as súas necesidades excepto a través da cooperación e a asociación social. As súas características sociais son, polo tanto, en gran medida, un feito obxectivamente dado, impreso neles desde o nacemento e afirmado polos procesos de socialización; e, segundo Marx, na produción e reprodución da súa vida material, as persoas deben necesariamente entrar en relacións de produción que son "independentes da súa vontade".
En contraste, o sociólogo Max Weber,[8] por exemplo, define a acción humana como "social" se, en virtude dos significados subxectivos que os individuos lle atribúen á acción, esta "ten en conta o comportamento dos demais e está así orientada no seu curso".
Funcionalismo
[editar | editar a fonte]Segundo a escola de pensamento funcionalista, os individuos na sociedade traballan xuntos como órganos no corpo para crear comportamentos emerxentes, ás veces referidos como conciencia colectiva.[9] Os sociólogos do século XIX Auguste Comte e Émile Durkheim, por exemplo, crían que a sociedade constitúe un "nivel" separado da realidade, distinto tanto da materia biolóxica como inorgánica. As explicacións dos fenómenos sociais debían, por tanto, construírse dentro deste nivel, sendo os individuos ocupantes de roles sociais comparativamente estables.[10]
Teoría do conflito
[editar | editar a fonte]Os teóricos do conflito adoptan a visión oposta, e postulan que os individuos e os grupos sociais ou clases sociais dentro da sociedade interactúan en base ao conflito en lugar do acordo. Un prominente teórico do conflito é Karl Marx, quen concibiu a sociedade como operando sobre unha "base" cunha "superestructura" de goberno, familia, relixión e cultura. Marx argumenta que a base económica determina á superestrutura, e que ao longo da historia, o cambio social foi impulsado polo conflito entre traballadores e aqueles que posúen os medios de produción.[11]
Interaccionismo simbólico
[editar | editar a fonte]O interaccionismo simbólico é unha teoría microsociolóxica que se centra nos individuos e en como o individuo se relaciona coa sociedade.[12] Os interaccionistas simbólicos estudan o uso compartido da linguaxe por parte dos seres humanos para crear símbolos e significados comúns,[13] e utilizan este marco de referencia para entender como os individuos interactúan para crear mundos simbólicos e, á súa vez, como estes mundos modelan os comportamentos individuais.[14]
Na segunda metade do século XX, os teóricos comezaron a ver a sociedade como socialmente construída.[15] Nesta liña, o sociólogo Peter L. Berger describe a sociedade como "dialéctica": A sociedade é creada polos humanos, pero esta creación á súa vez crea ou moldea aos humanos.[16]
Perspectivas non occidentais
[editar | editar a fonte]
A énfase sociolóxica no funcionalismo, a teoría do conflito e o interaccionismo simbólico foi criticado como eurocéntrico.[17] O sociólogo malasio Syed Farid al-Attas, por exemplo, argumenta que os pensadores occidentais están particularmente interesados nas implicancias da modernidade, e que a súa análise das culturas non occidentais é por tanto limitado en alcance. Como exemplos de pensadores non occidentais que tomaron un enfoque sistemático para entender a sociedade, al-Attas menciona a Ibn Khaldún (1332–1406) e José Rizal (1861–1896).[17]
Khaldún, un árabe que viviu no século XIV, entendía a sociedade, xunto co resto do universo, como tendo unha "configuración significativa", cunha aleatoriedade percibida atribuíble a causas ocultas. Khaldún conceptualizou as estruturas sociais como tendo dúas formas fundamentais: nómade e sedentaria. A vida nómade ten unha alta cohesión social (asabijja), que Khaldun argumentaba que xurdía do parentesco, costumes compartidos e unha necesidade compartida de defensa. A vida sedentaria, segundo Khaldun, estaba marcada pola secularización, unha diminución da cohesión social e un maior interese polo luxo.[18]
Rizal foi un nacionalista filipino que viviu cara ao final do período colonial español que teorizou sobre as sociedades coloniais. Rizal argumentou que a indolencia, que os españois utilizaron para xustificar a súa ocupación colonial, foi causada pola ocupación colonial. Rizal comparou a era precolonial, cando os filipinos controlaban as rutas comerciais e tiñan unha maior actividade económica, co período de dominio colonial, e argumentou que a explotación, o desorden económico e as políticas coloniais que desalentaron a agricultura levaron a unha diminución do interese polo traballo.[19]
En antropoloxía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Antropoloxía.

O relativismo cultural como enfoque ou ética xeneralizada substituíu en gran medida as nocións de "primitivo", mellor/peor ou "progreso" en relación coas culturas (incluíndo a súa cultura material/tecnoloxía e organización social).
Para o antropólogo Maurice Godelier, "os homes non viven soamente en sociedade, como os primates e outros animais sociais, senón que eles producen a sociedade para vivir nela, e para producir unha sociedade, é preciso combinar tres principios": dar, intercambiar e conservar. Ao brindar unha cousa consérvase unha parte da persoa na cousa dada, se se intercambia técese unha separación total entre a persoa e a cousa; pero si gárdase reafírmase unha "identidade histórica" entre a persoa e a cousa, que hai que transmitir ata que desapareza.[20]Godelier asegura que a orixe das sociedades humanas non pode ser definido polas súas relacións de parentesco porque non son suficientes para marcar lazos de unión entre os grupos humanos; as relacións que fan aos grupos e aos individuos partícipes da creación dunha sociedade son as relacións político-relixiosas baseadas na natureza externa dos seres humanos e a que eles crean para representar e interpretar o mundo.
Tipos
[editar | editar a fonte]As sociedades son grupos sociais que se diferencian segundo estratexias de subsistencia, as formas en que os humanos utilizan a tecnoloxía para satisfacer as súas necesidades. Aínda que os humanos estableceron moitos tipos de sociedades ao longo da historia, os antropólogos tenden a clasificar as diferentes sociedades segundo o grao en que os distintos grupos dunha sociedade teñen un acceso desigual a vantaxes como os recursos, o prestixio ou o poder. Practicamente todas as sociedades desenvolveron algún grao de desigualdade entre os seus habitantes a través do proceso de estratificación social, a división dos membros dunha sociedade en niveis con riqueza, prestixio ou poder desiguais. Os sociólogos tenden a clasificar as sociedades segundo o seu nivel tecnolóxico e as dividen en tres grandes categorías: preindustrial, industrial, e postindustrial.[21]
As subdivisións destas categorías varían e as clasificacións adoitan basearse no nivel de tecnoloxía, comunicación e economía. Un exemplo desta clasificación provén do sociólogo Gerhard Lenski, que enumera: (1) caza e recolección; (2) horticultura; (3) agricultura; e (4) industria; así como sociedades especializadas (por exemplo, pesca ou pastoreo).[22]
Algunhas culturas evolucionaron co tempo cara a formas máis complexas de organización e control. Esta evolución cultural ten un profundo efecto nos patróns comunitarios. As tribos de cazadores-recolectores ás veces asentábanse arredor do subministración de alimentos estacional, converténdose en aldeas agrícolas. As aldeas convertéronse en vilas e cidades. As cidades transformáronse en cidades estado e estado nación. Non obstante, estes procesos non son unidireccionais.[23]
Preindustrial
[editar | editar a fonte]Nunha sociedade preindustrial, a produción de alimentos, que se leva a cabo mediante o uso de man de obra humana e animal, é a principal actividade económica. Estas sociedades poden subdividirse segundo o seu nivel tecnolóxico e o seu método de produción de alimentos. Estas subdivisións son a caza e a recolección, o pastoreo, a horticultura, a agricultura e o feudalismo.
Caza e recolección
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Caza-recolección.

A principal forma de produción de alimentos nas sociedades de cazadores-recolectores é a recolección diaria de plantas silvestres e a caza de animais salvaxes. Os cazadores-recolectores desprázanse constantemente en busca de alimento.[24] Como resultado, non constrúen pobos permanentes nin crean unha grande variedade de artefactos. A necesidade de mobilidade tamén limita o tamaño destas sociedades, e polo xeral só forman pequenos grupos como bandas e tribos,[25] xeralmente con menos de 50 persoas por comunidade.[26][25] As bandas e tribos son relativamente igualitarias, e as decisións tómanse por consenso. Non existen cargos políticos formais con poder real nas sociedades de bandas; máis ben, un xefe é simplemente unha persoa influente, e o liderado baséase en calidades persoais.[27] A familia forma a principal unidade social, coa maioría dos membros relacionados por nacemento ou matrimonio.[28]
O antropólogo Marshall Sahlins describiu aos cazadores-recolectores como a "sociedade orixinal próspera" debido ao seu amplo tempo libre: Sahlins estimou que os adultos nas sociedades de cazadores-recolectores traballan de tres a cinco horas ao día.[29][30] Esta perspectiva foi desafiada por outros investigadores, quen sinalaron as altas taxas de mortalidade e a guerra perpetua nas sociedades de cazadores-recolectores.[31][32][33] Os defensores da visión de Sahlins argumentan que o benestar xeral dos humanos nas sociedades de cazadores-recolectores desafía a suposta relación entre o avance tecnolóxico e o progreso humano.[34][35]
Pastoral
[editar | editar a fonte]
O pastoreo é unha forma de subsistencia lixeiramente máis eficiente. En lugar de buscar comida a diario, os membros dunha sociedade pastoril dependen dos animais de rabaño domesticados para satisfacer as súas necesidades alimentarias. Os pastores levan unha vida nómade, trasladando os seus rabaños dun pasto a outro.[36] O tamaño da comunidade nas sociedades pastorais é similar ao dos cazadores-recolectores (arredor de 50 individuos), pero a diferenza destes últimos, as sociedades pastorais xeralmente constan de varias comunidades: a sociedade pastoral media contén miles de persoas. Isto débese a que os grupos pastorais tenden a vivir en zonas abertas onde o movemento é doado, o que permite a integración política.[37] Como a súa subministración de alimentos é moito máis fiable, as sociedades pastorais poden manter poboacións máis grandes. Como hai excedentes de alimentos, necesítanse menos persoas para producilos. Como resultado, a división do traballo (a especialización dos individuos ou grupos na realización de actividades económicas específicas) vólvese máis complexa.[21] Por exemplo, algunhas persoas convértense en artesáns, producindo ferramentas, armas e xoias, entre outros artigos de valor. A produción de bens fomenta o comercio. Este comercio axuda a crear desigualdade, xa que algunhas familias adquiren máis bens que outras.[37] Estas familias adoitan gañar poder grazas á súa maior riqueza. A transmisión da propiedade dunha xeración a outra axuda a centralizar a riqueza e o poder. Co tempo xorden os cacicazgos hereditarios, a forma típica de goberno nas sociedades pastorís.
Horticultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Horticultura.
As froitas e verduras cultivadas en hortos que foron despexados da selva ou o bosque proporcionan a principal fonte de alimentos nunha sociedade hortícola. Estas sociedades teñen un nivel de tecnoloxía e complexidade similar ao das sociedades pastorís.[38] Xunto coas sociedades pastorais, as sociedades hortícolas xurdiron fai uns 10 000 anos, despois de que os cambios tecnolóxicos da revolución agrícola fixesen posible o cultivo e a cría de animais.[38] Algúns grupos hortícolas utilizan o método de talla e queima para cultivar. A vexetación silvestre córtase e quéimase, e as cinzas utilízanse como fertilizante. Os horticultores utilizan man de obra e ferramentas sinxelas para cultivar a terra durante unha ou varias tempadas. Cando a terra se volve estéril, os horticultores despexan unha nova parcela e deixan que a antiga volva ao seu estado natural. É posible que volvan ao terreo orixinal varios anos despois e comecen o proceso de novo. Ao rotar as súas parcelas, os horticultores poden permanecer nunha zona durante un período de tempo bastante longo. Isto permítelles construír aldeas semipermanentes ou permanentes.[39] O tamaño da poboación dunha aldea depende da cantidade de terra dispoñible para a agricultura; así, as aldeas poden ter desde 30 persoas até 2000.
Do mesmo xeito que nas sociedades pastorís, o excedente de alimentos dá lugar a unha división do traballo máis complexa. Os roles especializados nas sociedades hortícolas inclúen aos artesáns, xamáns (líderes relixiosos) e comerciantes.[39] Esta especialización de roles permite á xente crear unha gran variedade de artefactos. Do mesmo xeito que nas sociedades pastorais, o excedente de alimentos pode dar lugar a desigualdades de riqueza e poder dentro dos sistemas políticos hortícolas, desenvolvidos debido á natureza asentada da vida hortícola.[40]
Agraria
[editar | editar a fonte]
As sociedades agrarias utilizan os avances tecnolóxicos agrícolas para cultivar nunha gran superficie. Lenski diferencia entre sociedades hortícolas e agrarias polo uso do arado.[41] Os sociólogos utilizan a expresión revolución agrícola para referirse aos cambios tecnolóxicos que se produciron fai xa 8500 anos e que levaron a cultivar e criar animais de granxa. O aumento das subministracións de alimentos conduciu entón a poboacións máis grandes que nas comunidades anteriores. Isto supuxo un maior excedente, o que deu lugar a cidades que se converteron en centros de comercio que daban soporte a diversos gobernantes, educadores, artesáns, comerciantes e líderes relixiosos que non tiñan que preocuparse por localizar alimentos.
Nas sociedades agrarias apareceron maiores graos de estratificación social. Por exemplo, antes as mulleres tiñan un status social máis alto porque compartían o traballo de forma máis equitativa cos homes. Nas sociedades cazadoras e recolectoras, as mulleres mesmo recollían máis alimentos que os homes. Con todo, a medida que os almacéns de alimentos melloraron e as mulleres asumiron un papel menos importante na provisión de alimentos para a familia, subordináronse cada vez máis aos homes. A medida que as aldeas e os pobos expandíanse a zonas veciñas, era inevitable que xurdisen conflitos con outras comunidades. Os agricultores proporcionaban aos guerreiros alimentos en intercambio para protexerse da invasión dos inimigos. Tamén apareceu un sistema de gobernantes cun alto status social. Esta nobreza organizaba aos guerreiros para protexer á sociedade das invasións. Deste xeito, a nobreza conseguía extraer bens dos membros "menores" da sociedade.

As sociedades agrarias caracterízanse especialmente polas súas clases sociais extremas e a súa ríxida mobilidade social.[42] Dado que a terra é a principal fonte de riqueza, a xerarquía social desenvólvese en función da propiedade da terra e non do traballo. O sistema de estratificación social caracterízase por tres contrastes coincidentes: a clase gobernante fronte ás masas, a minoría urbana fronte á maioría campesiña e a minoría alfabetizada fronte á maioría analfabeta. Isto dá lugar a dúas subculturas distintas: a elite urbana fronte ás masas campesiñas. Ademais, isto significa que as diferenzas culturais dentro das sociedades agrarias son maiores que as diferenzas entre elas.[43]
Os estratos terratenientes adoitan combinar institucións gobernamentais, relixiosas e militares para xustificar e facer valer a súa propiedade, e apoian elaborados patróns de consumo, escravitude, servidume ou peonaxe, adoitan ser o destino dos produtores primarios. Os gobernantes das sociedades agrarias a miúdo non administran o seu imperio polo ben común ou en nome do interese público, senón como unha propiedade que lles pertence.[44] Os sistemas de castes, tal e como se deron historicamente no sur de Asia, están asociados nas sociedades agrarias, nas que as rutinas agrícolas de toda a vida dependen dun ríxido sentido do deber e a disciplina. O académico Donald Brown suxire que a énfase que se dá no Occidente moderno das liberdades e os dereitos persoais foi, en gran parte, unha reacción á estrita e ríxida estratificación das sociedades agrarias.[45]
Industrial
[editar | editar a fonte]
As sociedades industriais, que xurdiron no século XVIII coa Revolución Industrial, dependen en gran medida de máquinas accionadas por fontes externas para a produción masiva de bens.[46][47] Mentres que nas sociedades preindustriais a maior parte do traballo realízase en industrias primarias centradas na extracción de materias primas (agricultura, pesca, minería, etc.), nas sociedades industriais o traballo céntrase principalmente na transformación das materias primas en produtos acabados.[48] As sociedades actuais varían no seu grao de industrialización, algunhas utilizan principalmente fontes de enerxía máis novas (por exemplo, carbón, petróleo e enerxía nuclear), e outras seguen dependendo da forza humana e animal.[49]
A industrialización está asociada ao crecemento demográfico e ás cidades. O aumento da produtividade, así como a estabilidade causada pola mellora do transporte, leva a unha diminución da mortalidade e ao consiguiente crecemento da poboación.[50] A produción centralizada de bens nas fábricas e unha menor necesidade de man de obra agrícola leva á urbanización.[47][51] As sociedades industriais adoitan ser capitalistas e teñen altos graos de desigualdade xunto cunha alta mobilidade social, xa que as persoas de negocios utilizan o mercado para acumular grandes cantidades de riqueza.[47] As condicións de traballo nas fábricas son xeralmente restritivas e duras.[48] Os traballadores, que teñen intereses comúns, poden organizarse en sindicatos laborais para promover eses intereses.[52]
En xeral, as sociedades industriais están marcadas polo aumento do poder dos seres humanos. Os avances tecnolóxicos significan que as sociedades industriais teñen un maior potencial para a guerra mortal. Os gobernos usan as tecnoloxías da información para exercer un maior control sobre a poboación. As sociedades industriais tamén teñen un maior impacto ambiental.[48]
Postindustrial
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Era da información.
As sociedades postindustriais son sociedades dominadas pola información e os servizos, máis que pola produción de bens.[53] As sociedades industriais avanzadas están a experimentar un cambio cara a un aumento dos sectores de servizos, por encima da industria manufactureira. As industrias de servizos inclúen a educación, a saúde e as finanzas.[54]
O de "sociedade posindustrial" é un concepto introducido por varios teóricos da socioloxía e a economía —entre eles os estadounidenses Daniel Bell, John Kenneth Galbraith e o francés Alain Touraine— para describir o estado alcanzado por algunhas sociedades desenvolvidas no seu sistema social e económico que evolucionaría segundo uns cambios específicos na súa estrutura e que corresponden a un estado de desenvolvemento posterior ao proceso de industrialización clásico da revolución industrial. Na sociedade posindustrial produciuse unha transición económica, que reestruturaría a sociedade enteira, pasando dunha economía industrial a outra de servizos, baseado especificamente no desenvolvemento técnico, na investigación científica, na educación e nas tecnoloxías da información e a comunicación que transformarían as anteriores formas de reprodución social e dominación entre clases sociais propias da industrialización.[55]
Información
[editar | editar a fonte]
Unha sociedade da información é unha sociedade na que o uso, a creación, a distribución, a manipulación e a integración da información constitúen unha actividade significativa.[56] Os defensores da idea de que a sociedade global actual é unha sociedade da información sosteñen que as tecnoloxías da información están a influír nas formas máis importantes de organización social, incluíndo a educación, a economía, a saúde, o goberno, a guerra e os niveis de democracia.[57] Aínda que o concepto de sociedade da información vense debatendo desde a década de 1930, na actualidade aplícase case sempre ás formas en que as tecnoloxías da información repercuten na sociedade e a cultura. Por tanto, abarca os efectos dos computadores e as telecomunicacións no fogar, o lugar de traballo, as escolas, o goberno e diversas comunidades e organizacións, así como a aparición de novas formas sociais no ciberespazo.[58]
A sociedade da información é un proceso de evolución profunda da vida e as interseccións entre persoas, gobernos, facultades e organizacións polo uso intensivo das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), que facilitan a creación, distribución e manipulación da información e desempeñan un papel esencial nas actividades sociais, culturais e económicas.[59] A noción de sociedade da información foi inspirada polos programas de desenvolvemento dos países industrializados, e o termo tivo unha connotación máis política que teórica, pois a miúdo se presenta como unha aspiración estratéxica que permitiría superar o estancamento social.
Coñecemento
[editar | editar a fonte]
A medida que aumentaba o acceso aos recursos de información electrónica a principios do século XXI, prestouse especial atención á transición da sociedade da información á sociedade do coñecemento. Unha sociedade do coñecemento xera, comparte e pon a disposición de todos os membros da sociedade coñecementos que poden utilizarse para mellorar a condición humana.[60] Unha sociedade do coñecemento diferénciase dunha sociedade da información en que transforma a información en recursos que permiten á sociedade actuar de maneira eficaz, en lugar de limitarse a crear e difundir datos en brutos.[61]
Características
[editar | editar a fonte]Normas e roles
[editar | editar a fonte]As normas sociais son patróns compartidos de comportamento aceptable entre grupos.[62][63] Estes poden ser acordos informais que rexen o comportamento dos membros dunha sociedade ou estar codificados en regras e leis,[64] sendo poderosos impulsores do comportamento humano.[65]
Os roles sociais son normas, deberes e patróns de comportamento que se relacionan co status social dun individuo.[66] No pensamento funcionalista, os individuos forman a estrutura da sociedade ao ocupar roles sociais.[10] Segundo o interaccionismo simbólico, os individuos utilizan símbolos para navegar e comunicar roles.[67] Erving Goffman Utilizou a metáfora dun teatro para desenvolver a lente dramatúrxica, que sostén que os roles proporcionan guións que gobernan as interaccións sociais.[67]
Sociedades animais
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Etoloxía.

Ao estudar as sociedades de animais, a etoloxía preocúpase da conduta, do instinto e das relacións co medio, así como o descubrimento das pautas que guían a actividade innata ou aprendida das diferentes especies de animais sociais.
Entre os tipos de sociedades animais o nivel máis alto de organización social é o de eusocialidade, presente nalgúns grupos de insectos, como as formigas, os térmites e algunhas especies de abellas, así como en vertebrados como a rata toupa espida.
O vocábulo sociedade emprégase indistintamente para referirse a comunidades de animais e de seres humanos. A diferenza esencial existente entre as sociedades animais e as humanas é, alén da súa complexidade, a presenza da cultura como trazo distintivo da sociedade humana. Non obstante, o estudo do comportamento de certas comunidades de chimpancés permitiu identificar a transmisión e mesmo a innovación de trazos que foron definidos como culturais.[68]
Sociedades humanas
[editar | editar a fonte]A estrutura da sociedade cambia coa historia. Hai catro fases evolutivas: sociedades de cazadores-recolectores, onde se comparten tarefas específicas pero os roles poden cambiar rapidamente; sociedades tribais, onde o concepto de rango e posición aparece a partir da división do traballo; as estratificadas e a civilización, que require un goberno complexo e abrangue un maior número de poboación.
Por definición, as sociedades humanas son entidades poboacionais. Dentro da poboación existe unha relación entre os suxeitos e a contorna; ambos realizan actividades en común e é isto o que lles outorga unha identidade propia. Doutro xeito, toda sociedade pode ser entendida como unha cadea de coñecementos entre varios ámbitos: económico, político, cultural, deportivo e de entretemento.
Aínda que usados a miúdo como sinónimos, cultura e sociedade son conceptos distintos: a sociedade fai referencia á agrupación de persoas, mentres que a cultura fai referencia a toda a súa produción e actividade transmitida de xeración en xeración ao longo da historia, incluíndo costumes, linguas, crenzas e relixións, arte, ciencia, comida, relaciones etc.[69]
Os habitantes, a contorna e os proxectos ou prácticas sociais forman parte dunha cultura, pero existen outros aspectos que axudan a ampliar o concepto de sociedade e o máis interesante e que logrou que a comunicación se desenvolva constantemente é a nova era da información, é dicir a tecnoloxía alcanzada nos medios de produción, desde unha sociedade primitiva con simple tecnoloxía especializada de cazadores —moi poucos artefactos— ata unha sociedade moderna con complexa tecnoloxía —moitísimos artefactos— practicamente en todas as especialidades. Estes estados de civilización incluirán o estilo de vida e o seu nivel de calidade que, así mesmo, será sinxelo e de baixa calidade comparativa na sociedade primitiva, e complexo ou sofisticado con calidade comparativamente alta na sociedade industrial.
En sociedades humanas, enténdese por sociedade tamén a entidade de poboación ou hábitat, que considera os habitantes e a súa contorna, todo iso interrelacionado cun proxecto común, que lles dá unha identidade de pertenza. Así mesmo, o termo connota un grupo con lazos económicos, ideolóxicos e políticos e supera ao concepto de nación-estado (sería a sociedade occidental como unha sociedade de nacións etc).
A diversidade cultural existente entre as diferentes sociedades do mundo débese á diferenciación cultural que experimentou a humanidade ao longo da historia debido principalmente a factores territoriais, é dicir, ao illamento e interacción entre diferentes sociedades.
Estas agrupacións distintas non poden ser concepcións abstractas, deben ter unha representación nun medio, en xeral o territorio, e un alto grao de acción social conxunta. Noutro caso non poden ser obxecto dunha metodoloxía con métodos sociolóxicos para a súa análise, e serían parte do coñecemento filosófico, teolóxico e outros saberes non empíricos.
Ademais dos habitantes, a contorna e o proxecto societario, poden incorporarse outras categorías á definición de sociedade segundo a especialidade do proxecto ou do seu grao de desenvolvemento; isto será a tecnoloxía acadada nos medios de produción, desde unha sociedade primitiva con simple tecnoloxía especializada de cazadores (moi poucos artefactos) ata unha sociedade moderna con complexa tecnoloxía (moitos artefactos) practicamente en todas as especialidades. Estes estados de civilización incluirán o estilo de vida e o seu nivel de calidade que, así mesmo, será sinxelo e de baixa calidade comparativa na sociedade primitiva e complexo ou sofisticado con calidade comparativamente alta na sociedade industrial. A calidade de vida comparativamente alta é controversial pois ten aspectos subxectivos nos termos de como é percibida polos suxeitos.
Tamén, é importante resaltar que a sociedade está conformada polas industrias culturais. É dicir, a industria é un termo fundamental para mellorar o proceso de formación sociocultural de calquera territorio, este concepto xurdiu a partir da Revolución Industrial, e desta enténdese que foi a etapa de produción que se foi executando na sociedade na medida en que o ser humano producía máis coñecemento e explotábao na colectividade.
Na sociedade, o suxeito pode analizar, interpretar e comprender todo o que o rodea por medio das representacións simbólicas que existen na comunidade. É dicir, os símbolos son indispensables para a análise social e cultural do espazo en que se atopa o ser humano e a partir da explicación simbólica dos obxectos pódese adquirir unha percepción global do mundo.
Por último, a sociedade de masas (sociedade) está integrada por diversas culturas e cada unha ten os seus propios fundamentos e ideoloxías que fan ao ser humano único e diferente aos demais.
Evolución das sociedades
[editar | editar a fonte]Durkheim postula un evolucionismo unilineal: todas as sociedades humanas desenvólvense polas mesmas etapas que van cara a unha complexificación crecente e unha racionalidade crecente. Todas as sociedades teñen o que se chama idéntica forma de fonte. Daquela as estruturas de parentesco, as relacións de traballo complicaríanse; a racionalización aumentaría e a razón gobernaría cada vez máis campos sociais.
Por outra banda o sociólogo Gerhard Lenski diferencia a organización das sociedades en función do seu nivel de tecnoloxía, a comunicación e a economía:
- Caza e recolección.
- Agricultura sinxela.
- Agricultura avanzada.
- Industrial.
- Especial (por exemplo, as sociedades de pesca ou marítimas).[70]
Este sistema é similar a un anterior desenvolvido polo antropólogos Morton H. Fried, teórico do conflito, e Elman Service, teórico da integración, que estableceron un sistema de clasificación para as sociedades en todas as culturas humanas, baseado na evolución da desigualdade social e o papel do estado. Este sistema de clasificación inclúe catro categorías:
- Bandas de cazadores-recolectores: grupos pequenos inferiores a cen individuos, categorización de deberes e responsabilidades.
- Sociedades tribais: uns poucos centos, con algúns casos de rango social e prestixio; inclúe varias comunidades ligadas por lazos de sangue.
- Estruturas estratificadas ou cacicados: entre 5000 e 20 000 individuos, maior diferenza en rango, dirixidas por xefes tribais, caudillos ou xefes de clans.
- Civilizacións: xerarquías sociais complexas e organizadas, gobernos institucionais.
Adicionalmente:
- A humanidade, sobre a que descansan todos os elementos da sociedade, incluíndo as súas crenzas.
- A sociedade virtual, baseada na súa identidade en liña.
Co tempo, algunhas culturas evolucionaron cara a formas máis complexas de organización e control. Esta evolución cultural ten un profundo efecto nos padróns da comunidade. As tribos de cazadores-recolectores asentados arredor das reservas de alimentos de cada tempada chegaron a establecer aldeas agrarias. Máis tarde, as aldeas creceron ata converterse en vilas e cidades. As cidade convertéronse en cidades-estado e en estados-nación.[71]
"A psicoloxía evolutiva argumenta que moitas das nosas características sociais e psicolóxicas actuais se modelaron durante a longa era preagrícola. O noso cerebro e a nosa mente están adaptados a unha vida de caza e recolección. Os nosos hábitos alimentarios, os nosos conflitos e a nosa sexualidade son resultado da maneira en que a nosa mente cazadora-recolectora interactúa co noso ambiente postindustrial actual, cos seus megaciudades, avións, teléfonos e computadores. O novo ambiente proporciónanos máis recursos materiais e unha vida máis lonxeva, pero ás veces fai que sintamos deprimidos e presionados. Para comprender o porqué necesitamos comprender mellor o mundo dos cazadores-recolectores que nos modeló, o mundo que, no subconsciente, aínda habitamos."[72]
Sociedades no ámbito xurídico e económico
[editar | editar a fonte]No ámbito xurídico e económico unha sociedade é aquela pola cal dúas ou máis persoas obríganse a poñer en común diñeiro, bens ou industria co ánimo de repartir entre si as ganancias. Neste caso denomínase sociedade ou asociación á agrupación de persoas para a realización de actividades privadas, xeralmente comerciais. Ós seus membros denomínaselles socios.
O concepto amplo de sociedade
[editar | editar a fonte]
O concepto amplo de sociedade, en contraposición ó concepto tradicional, entende que esa posta en común de bens, esa estrutura creada entre dúas ou máis persoas, pode non estar destinada esencialmente a obter un lucro, non sendo este ánimo un elemento esencial do referido contrato, por canto existen sociedades que poden responder a un interese particular distinto ó dos seus socios.
A persoa xurídica é a organización de persoas (xurídicas ou naturais) con fins lucrativos ou non lucrativos e que cumpren certos requisitos ou formalidades para a súa inscrición. Tamén soportan as perdas, en igual proporción ás ganancias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sociedade.
- ↑ 2,0 2,1 Fukuyama, Francis (2011). "The State of Nature". The Origins of Political Order: From Prehuman Times to the French RevolutionThe Origins of Political Order (First ed.). Nova York, NY: Farrar, Straus and Giroux. pp. 26–48. ISBN 978-0-374-22734-0. LCCN 2010038534. OCLC 650212556.
- ↑ Godelier, Maurice (2004). Métamorphoses de la parenté (en francés). Fayard. ISBN 2-213-61490-3. LCCN 2004459773. OCLC 61137773.
- ↑ Goody, Jack (2005-12-01). "The Labyrinth of Kinship". New Left Review (36): 127–139. Consultado o 28 de decembro do 2025.
- ↑ 5,0 5,1 Magazine, Smithsonian. "Edward O. Wilson’s New Take on Human Nature". Smithsonian Magazine (en inglés). Consultado o 28 de decembro do 2025.
- ↑ Wilson, David Sloan (2007). Evolution for Everyone: How Darwin's Theory Can Change the Way We Think About Our Lives. Nova York, NY: Delacorte. ISBN 978-0-385-34092-2. LCCN 2006023685. OCLC 70775599.
- ↑ Conerly, Holmes & Tamang 2021, pp. 103-108.
- ↑ 8,0 8,1 Morrison, Ken. (6 de xullo de 2006). Marx, Durkheim, Weber. Formations of modern social thought. Consultado o 28 de decembro do 2025.
- ↑ Conerly, Holmes & Tamang 2021, pp. 103-104.
- ↑ 10,0 10,1 Macionis, John J.; Gerber, Linda Marie (2011). Sociology (7th ed.). Toronto, Canada: Pearson Prentice Hall. ISBN 978-0-13-700161-3. OCLC 434559397.
- ↑ Conerly, Holmes & Tamang 2021, pp. 104-105.
- ↑ Conerly, Holmes & Tamang 2021, p. 21, 108.
- ↑ Hall, Peter M. (2007). "Symbolic Interaction". En Ritzer, George. Blackwell Encyclopedia of Sociology 10. ISBN 978-1-4051-2433-1. LCCN 2006004167. OCLC 63692691. doi:10.1002/9781405165518.wbeoss310.
- ↑ West, Richard L.; Turner, Lynn H. (2018). Introducing Communication Theory: Analysis and Application (6th ed.). McGraw-Hill Education. ISBN 978-1-259-87032-3. LCCN 2016059715. OCLC 967775008.
- ↑ Conerly, Holmes & Tamang 2021, pp. 109-110.
- ↑ Berger, Peter L. (1967). The Sacred Canopy: Elements of a Sociological Theory of Religion. Garden City, NYC: Doubleday & Company, Inc. p. 3. ISBN 978-0-385-07305-9. LCCN 90034844. OCLC 22736039.
- ↑ 17,0 17,1 Alatas, Syed Farid (2021-03). "Deparochialising the Canon: The Case of Sociological Theory". Journal of Historical Sociology (en inglés) 34 (1): 13–27. ISSN 0952-1909. doi:10.1111/johs.12314. Consultado o 29 de decembro do 2025.
- ↑ Becker, Howard; Barnes, Harry Elmer (1961). "The Meeting of East and West and the Advance of Secularism". Social Thought from Lore to Science 1 (3rd ed.). Nova York, NY: Dover Publications. pp. 266–277. LCCN 61004323. OCLC 423043.
- ↑ Alatas, Syed Farid; Sinha, Vineeta (2017). "Jose Rizal (1861-1896)". Sociological Theory Beyond the Canon. Londres, UK: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-137-41133-4. LCCN 2017934880. OCLC 966921499.
- ↑ Vinatea Serrano, Eduardo (2012). "Maurice Godelier. Elogio y defensa de la antropología". Papers 1 (97): 232.
- ↑ 21,0 21,1 Conerly, Holmes & Tamang 2021, p. 99.
- ↑ Lenski & Lenski 1974, p. 96.
- ↑ Glassman, Ronald M. (20 de xuño de 2017). "The Importance of City-States in the Evolution of Democratic Political Processes". The Origins of Democracy in Tribes, City-States and Nation-States. Springer. p. 1502. ISBN 978-3-319-51695-0. LCCN 2019746650. OCLC 1058216897. doi:10.1007/978-3-319-51695-0_126.
- ↑ Lenski & Lenski 1974, p. 135.
- ↑ 25,0 25,1 Lenski & Lenski 1974, p. 134.
- ↑ Lee, Richard B.; Daly, Richard H. (1999). "Introduction: Foragers & Others". The Cambridge Encyclopedia of Hunters and Gatherers. Cambridge University Press. p. 3. ISBN 0-521-57109-X. LCCN 98038671. OCLC 39654919.
- ↑ Lenski & Lenski 1974, p. 146.
- ↑ Lenski & Lenski 1974, p. 142.
- ↑ Sahlins, Marshall D. (1968). "Discussions, Part II: Notes on the Original Affluent Society". En Lee, Richard B.; DeVore, Irven. Man the Hunter. Chicago, Illinois: Aldine Publishing Company. pp. 85–89. LCCN 67017603. OCLC 490234.
- ↑ Sahlins, Marshall (1995). Stone age economics (9. [pr.] ed.). Aldine de Gruyter. ISBN 978-0-202-01098-4.
- ↑ Hill, Kim; Hurtado, A. M.; Walker, R. S. (2007-04-01). "High adult mortality among Hiwi hunter-gatherers: Implications for human evolution". Journal of Human Evolution 52 (4): 443–454. ISSN 0047-2484. doi:10.1016/j.jhevol.2006.11.003. Consultado o 30 de decembro do 2025.
- ↑ Keeley, Lawrence H. (1996). War before civilization. Oxford Univ. Press. ISBN 978-0-19-509112-0.
- ↑ Kaplan, David (2000-10). "The Darker Side of the "Original Affluent Society"". Journal of Anthropological Research (en inglés) 56 (3): 301–324. ISSN 0091-7710. doi:10.1086/jar.56.3.3631086. Consultado o 30 de decembro do 2025.
- ↑ Gowdy, John (2005). "Hunter-Gatherers and the Mythology of the Market". En Lee, Richard B.; Daly, Richard H. Cambridge Encyclopedia of Hunters and Gatherers. Cambridge University Press. pp. 391–398. ISBN 0-521-57109-X. LCCN 98038671. OCLC 39654919. Arquivado dende o orixinal o 2021-02-24. Consultado o 30 de decembro do 2025.
- ↑ Lewis, Jerome (setembro de 2008). Watkins, Stuartdead, ed. "Managing abundance, not chasing scarcity: the real challenge for the 21st century" (PDF). Radical Anthropology (2). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2013. Consultado o 30 de decembro do 2025.
- ↑ Lenski & Lenski 1974, p. 267.
- ↑ 37,0 37,1 Lenski & Lenski 1974, pp. 268-269.
- ↑ 38,0 38,1 Bulliet, Richard W.; Crossley, Pamela Kyle; Headrick, Daniel R.; Hirsch, Steven W.; Johnson, Lyman L.; Northrup, David (2015). The Earth and Its Peoples: A Global History (6th ed.). Cengage Learning. p. 14. ISBN 978-1-285-44563-2. LCCN 2014932005. OCLC 891574574.
- ↑ 39,0 39,1 Lenski & Lenski 1974, p. 165.
- ↑ Gurven, Michael; Borgerhoff Mulder, Monique; Hooper, Paul L.; Kaplan, Hillard; Quinlan, Robert; Sear, Rebecca; Schniter, Eric; von Rueden, Christopher; Bowles, Samuel; Hertz, Tom; Bell, Adrian (19 de febreiro de 2010). "Domestication Alone Does Not Lead to Inequality: Intergenerational Wealth Transmission among Horticulturalists" (PDF). Current Anthropology 51 (1). pp. 49–64. doi:10.1086/648587. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de xullo de 2020. Consultado o 30 de decembro do 2025 – vía CrossRef.
- ↑ Lenski & Lenski 1987, pp. 164-166.
- ↑ Langlois, Simon (2001). "Traditions: Social". En Smelser, Neil J.; Baltes, Paul B. International Encyclopedia of the Social & Behavioral Sciences 23 (1st ed.). Elsevier Science. p. 15830. ISBN 0-08-043076-7. LCCN 2001044791. OCLC 47869490. doi:10.1016/B0-08-043076-7/02028-3. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2024. Consultado o 7 January 2024.
- ↑ Brown 1988, pp. 78-82.
- ↑ Lenski, Gerhard; Nolan, Patrick (2010). "The Agricultural Economy". Human Societies: An Introduction to Macrosociology (11th ed.). Oxford University Press, Incorporated. pp. 35–37. ISBN 978-0-19-994602-0.
- ↑ Brown 1988, p. 112.
- ↑ Lenski & Lenski 1974, p. 315.
- ↑ 47,0 47,1 47,2 Conerly, Holmes & Tamang 2021, p. 101.
- ↑ 48,0 48,1 48,2 Nolan & Lenski 2009.
- ↑ Nolan & Lenski 2009, p. 208.
- ↑ Lenski & Lenski 1974, p. 319.
- ↑ Lenski & Lenski 1974, p. 328.
- ↑ Nolan & Lenski 2009, p. 223.
- ↑ Conerly, Holmes & Tamang 2021, p. 102.
- ↑ Conerly, Holmes & Tamang 2021, p. 528.
- ↑ Sociedad Postindustrial: su historia y características, en psicologiaymente (en castelán)
- ↑ Beniger, James Ralph (1986). The Control Revolution: Technological and Economic Origins of the Information Society. Harvard University Press. pp. 21–22. ISBN 0-674-16986-7. LCCN 85031743. OCLC 13064782.
- ↑ Mattelart, Armand (2003). Histoire de la Société de l'information [The Information Society: An Introduction] (en inglés). Traducido por Taponier, Susan G.; Cohen, James A. SAGE Publications. pp. 99–158. ISBN 0-7619-4948-8. LCCN 2002114570. OCLC 52391229.
- ↑ Lyon, David (2002). "Cyberspace: Beyond the Information Society?". En Armitage, John; Roberts, Joanne. Living with Cyberspace: Technology & Society in the 21st Century. Continuum. pp. 21–33. ISBN 0-8264-6035-6. LCCN 2002071646. OCLC 824653965. Arquivado dende o orixinal o 29 April 2024. Consultado o 2 de xaneiro do 2026.
- ↑ Trejo Delarbre, Raúl (2001). "Vivir en la Sociedad de la Información. Orden global y dimensiones locales en el universo digital". Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnología, Sociedad e Innovación (Organización de Estados Iberoamericanos). Consultado o 4 de xaneiro do 2026.
- ↑ Phillips, Fred; Yu, Ching-Ying; Hameed, Tahir; El Akhdary, Mahmoud Abdullah (2017). "The knowledge society's origins and current trajectory". International Journal of Innovation Studies 1 (3). pp. 175–191. doi:10.1016/j.ijis.2017.08.001.
- ↑ Castelfranchi, Cristiano (decembro de 2007). "Six critical remarks on science and the construction of the knowledge society". Journal of Science Communication 6 (4) (SISSA). pp. C03. ISSN 1824-2049. OCLC 56474936. doi:10.22323/2.06040303.
- ↑ Lapinski, Maria Knight; Rimal, Rajiv N. (maio de 2005). "An Explication of Social Norms". Communication Theory 15 (2). pp. 127–147. ISSN 1050-3293. LCCN 91660236. OCLC 49374452. doi:10.1093/ct/15.2.127.
- ↑ Finnemore, Martha (1996). National Interests in International Society. Cornell University Press. pp. 22–24, 26–27. ISBN 978-0-8014-8323-3. JSTOR 10.7591/j.ctt1rv61rh. LCCN 96013991. OCLC 34473682. Arquivado dende o orixinal o 1 de junho de 2021. Consultado o 14 de xaneiro do 2026.
- ↑ Pristl, Ann-Catrin; Kilian, Sven; Mann, Andreas (8 de novembro de 2020). "When does a social norm catch the worm? Disentangling social normative influences on sustainable consumption behaviour" (PDF). Journal of Consumer Behaviour 20 (3). pp. 635–654. ISSN 1472-0817. LCCN 2005206515. OCLC 49883766. doi:10.1002/cb.1890. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de abril de 2024. Consultado o 14 de xaneiro do 2026.
- ↑ Legro, Jeffrey W. (1997). "Which Norms Matter? Revisiting the "Failure" of Internationalism". International Organization 51 (1). pp. 31–63. ISSN 0020-8183. JSTOR 2703951. LCCN 49001752. doi:10.1162/002081897550294.
- ↑ Conerly, Holmes & Tamang 2021, p. 111.
- ↑ 67,0 67,1 Conerly, Holmes & Tamang 2021, p. 112.
- ↑ Eva Mosquera (30 de setembro de 2014). "La 'cultura' de los chimpancés.". El Mundo. Consultado o 5 de xaneiro do 2026.
O estudo permitirá entender a aprendizaxe nos primeiros homínidos
- ↑ Editorial Etecé. "¿Qué es la cultura?". concepto.de. Consultado o 5 de xaneiro do 2026.
- ↑ Lenski, Gerhard, 1974. Human Societies: An Introduction to Macrosociology.
- ↑ Effland, R. 1998. The Cultural Evolution of Civilizations. Arquivado 15 de maio de 2016 en Arquivo.pt.
- ↑ Harari, Yuval Noah (4 de setembro de 2014). Sapiens. De animales a dioses: Una breve historia de la humanidad (en castelán). Penguin Random House Grupo Editorial España. p. 38. ISBN 978-84-9992-474-8. Consultado o 5 de xaneiro do 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Lecturas adicionais
[editar | editar a fonte]- Bicchieri, Cristina; Muldoon, Ryan; Sontuoso, Alessandro (24 de setembro de 2018). "Social Norms". En Zalta, Edward N. Stanford Encyclopedia of Philosophy (Winter 2018 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. ISSN 1095-5054. LCCN sn97004494. OCLC 37550526. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2020. Consultado o 30 de decembro do 2025.
- Boyd, Robert; Richerson, Peter J. (12 de novembro de 2009). "Culture and the evolution of human cooperation". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences 364 (1533): 3281–3288. LCCN 86645785. OCLC 1403239. PMC 2781880. PMID 19805434. doi:10.1098/rstb.2009.0134.
- Calhoun, Craig, ed. (2002). Dictionary of the Social Sciences. New York, NY: Oxford University Press. ISBN 0-19-512371-9. LCCN 00068151. OCLC 45505995.
- Clutton-Brock, T.; West, S.; Ratnieks, F.; Foley, R. (12 de novembro de 2009). "The evolution of society". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences 364 (1533): 3127–3133. LCCN 86645785. OCLC 1403239. PMC 2781882. PMID 19805421. doi:10.1098/rstb.2009.0207.
- Griffen, Leonid (2021). "The Society as a Superorganism" (PDF). The Scientific Heritage 5 (67): 51–60. ISSN 9215-0365. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2021. Consultado o 30 de decembro do 2025.
- Jenkins, Richard (2002). Foundations of Sociology: Towards a Better Understanding of the Human World. London, UK: Palgrave MacMillan. ISBN 978-0-333-96050-9. LCCN 2002071539. OCLC 49859950.
- Lenski, Gerhard (1966). "Agrarian Societies [Parts I & II]". Power and Privilege: A Theory of Social Stratification. McGraw-Hill Book Company. pp. 189–296. ISBN 0-07-037165-2. LCCN 65028594. OCLC 262063.
- Postone, Moishe (1993). Time, Labour, and Social Domination: A Reinterpretation of Marx's Critical Theory. United Kingdom: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-56540-0. LCCN 92035758. OCLC 26853972.
- Rummel, Ruldolph Joseph (1976). "The State, Political System and Society". Understanding Conflict and War, Vol. 2: The Conflict Helix. SAGE Publications. ISBN 978-0-470-15123-5. LCCN 74078565. OCLC 59238703. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2022. Consultado o 30 de decembro do 2025.
- Williams, Raymond (1976). Keywords: A Vocabulary of Culture and Society. London, UK: Fontana/Croom Helm. ISBN 0-85664-289-4. LCCN 76377757. OCLC 2176518.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sociedade |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Day the World Took Off Six-part video series from the University of Cambridge tracing the question "Why did the Industrial Revolution begin when and where it did." Arquivado 18 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
- Industrial Revolution and the Standard of Living by Clark Nardinelli - the debate over whether standards of living rose or fell.
- Cliff Notes on Types of Societies
- Perceptions of Knowledge, Knowledge Society, and Knowledge ManagementArquivado 30 de novembro de 2010 en Wayback Machine.