Nacionalismo birmano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa etnolingüístico de Myanmar. O pobo birmano (ou bamar) en laranxa escuro.

O nacionalismo bamar ou birmano (en birmano: ဗမာအမျိုးသားရေးဝါဒ) é o nacionalismo étnico que promove a identidade cultural e intereses do pobo bamar sobre os outros grupos étnicos en Myanmar.

Historia[editar | editar a fonte]

Myanmar foi considerado ao longo da historia como un dos estados máis poderosos do Sueste asiático. Durante o Imperio de Pagan e as dinastías Toungoo e Konbaung, foi considerado a segunda potencia rexional, só por detrás da China.[1]

O nacionalismo birmano xurdiu como unha resposta para derrocar o dominio británico. Os británicos aliáronse coas minorías étnicas contra a maioría dos bamar, a miúdo empregando ás minorías étnicas para dominar ao pobo bamar. O nacionalismo medrou durante a Birmania británica e o apoio británico ás minorías contra os birmanos motivou a idea dun estado birmano unificado étnica e relixiosamente e gobernado polo pobo bamar, e co budismo theravada como relixión dominante. Entón, o nacionalismo birmano volveuse máis restritivo e dominante.[2] Cando o Imperio Británico comezou a retirarse de Birmania, o nacionalismo volveuse na contra das minorías, ás cales consideraron desleais coa nación birmana. Isto provocou que en 1948 comezase un conflito armado en Myanmar que continúa até o presente.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Myanmar - The emergence of nationalism". Encyclopedia Britannica. 
  2. "Religion, Ethnicity, and Nationalism in Burma". www.researchgate.net. 2016. Consultado o 2020-09-01. 
  3. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2017-09-25. Consultado o 2020-08-02. 
  4. "An Overview of Burma's Ethnic Politics". www.culturalsurvival.org.