Galiza Nova
| Galiza Nova | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
|
Cargo dirixente
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Galiza Nova é a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego, fundada no ano 1988.[1]
Historia

Galiza Nova é a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego (BNG) que ten como función básica a organización e a mobilización da mocidade de cara a acadar a liberación nacional de Galiza e a transformación da sociedade actual. Trátase dunha organización ampla, plural e democrática que adopta as súas decisións tras un amplo proceso de debate aberto a toda a militancia. O seu funcionamento baséase no asemblearismo, estruturándose en agrupacións locais e comarcais. O máximo órgano é a Asemblea Nacional que se celebra cada dous anos, e á que ten dereito a asistir toda a afiliación.
Aínda que estatutariamente era unha organización independente, axiña comezou a funcionar como organización xuvenil do BNG, ata que na II Asemblea (Compostela, 1990) aprobouse o ingreso no BNG. Isto levou a parte dos seus membros a cargos institucionais e a unha estrutura idéntica á do BNG do momento e que segue sen variar ata o día de hoxe.
Definen como obxectivos políticos a "liberación nacional e a transformación da sociedade (sen explotación nacional, de clase ou xénero e desmilitarizada)", reivindican unha Galiza plenamente soberana como culminación do proceso de autodeterminación nacional. Aspiran a unha sociedade cualitativamente distinta, que supere as inxustizas da actual e onde a igualdade e a democracia sexan reais, así como garantir unha mellora nas condicións de vida e benestar social para a mocidade e para o conxunto dos galegos e galegas. Tamén defenden que as relacións entre as diferentes nacións do mundo se fundamenten na igualdade e solidariedade internacionalista.
Estrutura interna
Galiza Nova é unha organización asemblearista estruturada en agrupacións locais e comarcais. O órgano máximo é a Asemblea Nacional, da que forman parte todas e todos os militantes e que escolle a metade da Dirección Nacional, de dirección entre Asembleas. A outra metade está formada por un representante de cada comarca. A máxima representación da organización osténtaa a Secretaria ou Secretario Xeral.
Correntes
En Galiza Nova existen principalmente dúas correntes (os estatutos non recoñecen a existencia de organizacións):
- Unión da Mocidade Galega (UMG), mocidades da UPG.
- Isca!, vinculada ao Movemento Arredista.
Secretaría xeral
- Catuxo Álvarez (1988-1990)
- Manuel Antelo (1990-1992)[2]
- Bieito Lobeira (1992-1996)
- Martiño Santos (1996-2000)
- Rubén Cela (2000-2004)
- Xosé Emilio Vicente (2004-2007)
- Iria Aboi (2007-2012)[3]
- Alberte Mera García (2012-2016)[4]
- Alberte Fernández Silva (2016-2019)[5]
- Paulo Ríos Santomé, Kai (2019-2021)
- Marta Gómez Martín (2021-2025)[6]
- Artai Gavilanes (2025-)[7]
Notas
- ↑ "Galiza Nova cumple 30 años de acercamiento del nacionalismo a la juventud". La Opinión A Coruña. 2018-01-05. Consultado o 2025-11-30.
- ↑ del Río, M. (2008-12-07). ""O nacionalismo estaba excluído; había militantes clandestinos na súa familia"". Vieiros. Consultado o 2025-11-30.
- ↑ Couso, Isabel G. (2009-10-25). "Iria Aboi, reelixida como secretaria xeral de Galiza Nova". Vieiros. Consultado o 2025-11-30.
- ↑ "Alberte Mera, novo secretario xeral de Galiza Nova". Praza.gal. 2012-11-18. Consultado o 2025-11-30.
- ↑ DCORA (2016-11-26). "El pontevedrés Alberte Fernández Silva es el nuevo secretario general de Galiza Nova" [O pontevedrés Alberte Fernández Silva é o novo secretario xeral de Galiza Nova]. El Progreso (en castelán). Consultado o 2025-11-30.
- ↑ "@SrtaMGM nova secretaria xeral de Galiza Nova tras a XVI Asemblea Nacional". Consultado o 11 de setembro de 2021.
- ↑ EFE (2025-11-30). "Galiza Nova renueva su dirección y elige a Artai Gavilanes como nuevo secretario general". Diario de Santiago.