Nacionalismo acerbaixano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Acerbaixán.

O nacionalismo acerbaixano (en azarí: Azərbaycan milliyətçiliyi), tamén coñecido como acerbaixanismo, é un movemento político e cultural que xurdiu entre os intelectuais acerbaixanos dentro do Imperio Ruso durante a segunda metade do século XIX. Aínda que nun principio tiña unha natureza cultural, posteriormente desenvolveuse como unha ideoloxía política que culminou co estabelecemento da República Democrática de Acerbaixán en 1918.[1][2]

En comparanza co nacionalismo armenio e xeorxiano, o sentimento de nacionalismo étnico desenvolveuse de maneira máis lenta entre os acerbaixanos, en parte pola súa identificación como membros dun mundo musulmán meirande e non como unha etnonación cultural singular.[3] Despois do conflito de Nagorno-Karabakh e a súa declaración de independencia en 1991, Acerbaixán presenciou o ascenso dun nacionalismo acerbaixano especialmente forte, o cal inclúe aspectos de pannacionalismo e irredentismo.[4]

Territorio[editar | editar a fonte]

Distribución da lingua azarí.

As reclamacións irredentistas dos nacionalistas acerbaixanos buscan principalmente incorporar grandes seccións de Irán, así como partes de Armenia, Rusia, Xeorxia e Turquía dentro dun proposto territorio ampliado coñecido como Acerbaixán Enteiro. Irán conta cun maior número de acerbaixanos étnicos dos que residen no propio país de Acerbaixán, e antes do estabelecemento da República Democrática de Acerbaixán en 1918, o nome "Acerbaixán" usábase exclusivamente para identificar a rexión adxacente do noroeste de Irán.[5][6][7]

A conciencia acerbaixana tamén é importante na cooperación con outros pobos etnicamemente afíns a través do panturquismo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Najafov, Etibar: The evolution of Azerbaijani nationalism: Enlightenment, ADR, and Azerbaijanism Arquivado 04 de febreiro de 2020 en Wayback Machine., Azerbaijan in the world. ADA Biweekly Newsletter, vol. 1, no. 12 de xullo de 2008.
  2. Ahmadoghlu, Ramin (2020). "Secular nationalist revolution and the construction of the Azerbaijani identity, nation and state". Nations and Nationalism (en inglés) n/a (n/a). ISSN 1469-8129. doi:10.1111/nana.12682. 
  3. The Forsaken People: Case Studies of the Internally Displaced - Page 257 by Roberta Cohen, Francis Mading Deng
  4. Hirose, Yoko: The Complexity of Nationalism in Azerbaijan, International Journal of Social Science Studies, vol. 4, no. 5, p. 136-149, maio de 2016.
  5. Atabaki, Touraj (2000). Azerbaijan: Ethnicity and the Struggle for Power in Iran. I.B.Tauris. p. 25. ISBN 9781860645549. 
  6. Dekmejian, R. Hrair; Simonian, Hovann H. (2003). Troubled Waters: The Geopolitics of the Caspian Region. I.B. Tauris. p. 60. ISBN 978-1860649226. Until 1918, when the Musavat regime decided to name the newly independent state Azerbaijan, this designation had been used exclusively to identify the Iranian province of Azerbaijan. 
  7. Rezvani, Babak (2014). Ethno-territorial conflict and coexistence in the caucasus, Central Asia and Fereydan: academisch proefschrift. Amsterdam: Amsterdam University Press. p. 356. ISBN 978-9048519286. The region to the north of the river Araxes was not called Azerbaijan prior to 1918, unlike the region in northwestern Iran that has been called since so long ago. 
  8. Fishman, Joshua; Garcia, Ofelia (2011). Handbook of Language and Ethnic Identity: The Success-Failure Continuum in Language and Ethnic Identity Efforts 2. Oxford University Press. p. 269. ISBN 978-0-19-539245-6. It is commonly acknowledged that pan-Turkism, the movement aiming at the political and/or cultural unification of all Turkic peoples, emerged among Turkic intellectuals of Russia as a liberal-cultural movement in the 1880s.