Mocidades Galeguistas
| Mocidades Galeguistas | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Mocidades Galeguistas (MMGG) foi unha organización xuvenil galega fundada en 1987 coma Mocidades Nacionalistas Galegas. A súa ideoloxía era o social liberalismo, o federalismo, o republicanismo[1] e o nacionalismo galego moderado, defendendo o encaixe de Galiza nunha España federal.
Historia
[editar | editar a fonte]MMGG foi fundada en 1987 coma as xuventudes do Partido Nacionalista Galego co nome Mocidades Nacionalistas Galegas, fusionándose en 1988 coas Mocedades Galeguistas do Partido Galeguista Nacionalista e parte da Mocidade Nacionalista Galega de Coalición Galega[2].
En 1992 integráronse no Bloque Nacionalista Galego xunto co PNG-PG. En 2002 o PNG-PG declarou que as MMGG xa non eran o seu referente xuvenil despois dunha crise interna.
Finalmente, en 2012 MMGG deixou o BNG e uniuse ao proxecto de Compromiso por Galicia[3]. Dende ese ano a organización non ten feito ningunha aparición pública, tendo publicado o último número da súa revista en abril de 2012[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ESTATUTOS DAS MOCIDADES GALEGUISTAS.
- ↑ Refundando a MNG. Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. El Correo Gallego - Diario de la Capital de Galicia.
- ↑ El PNG-PG abandona el BNG y analiza su integración en otro proyecto "galleguista" El Mundo. 19/03/2012
- ↑ Terra Celta.