Nacionalismo alemán en Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centaurea cyanus, o símbolo do movemento panxermanista en Austria.

O nacionalismo alemán (alemán: Deutschnationalismus) é unha ideoloxía política e corrente histórica en política austríaca. Xurdiu durante o século XIX como un movemento nacionalista entre a poboación falante da lingua alemá do Imperio Austrohúngaro. Favorece estreitas relacións con Alemaña, que é considerada como o estado-nación de todos os alemáns étnicos, e contempla a posibilidade da incorporación de Austria a unha Grande Alemaña.

Ó longo da historia de Austria, dende o Imperio Austríaco até o Imperio Austrohúngaro, e a Primeira e Segunda Repúblicas de Austria, diversos partidos políticos e grupos expresaron o sentimento nacionalista panxermanista. Os partidos nacional liberalistas e panxermanistas foron denominados como o "Terceiro Campo" (alemán: Drittes Lager) da política austríaca, tradicionalmente clasificados detrás dos conservadores e dos socialistas católicos tradicionais.[1][2] O Partido da Liberdade de Austria, un partido de ultradereita con representación no Parlamento de Austria, ten raíces panxermanistas.[3] Despois da segunda guerra mundial, tanto o panxermanismo como a idea da unión política con Alemaña fixéronse impopulares pola súa asociación co nazismo, e pola crecente idea dunha identidade nacional austríaca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kamps, Stephan (2007). Die Freiheitlichen – Nazistische Reinkarnation oder politische Erneuerung? (en alemán). GRIN Verlag. pp. 27–31. ISBN 9783638715454. 
  2. Voithofer, Richard (2000). Drum schliesst Euch frisch an Deutschland an .. (en alemán). Böhlau Verlag. p. 17. ISBN 9783205992226. 
  3. Pelinka, Anton (2000). Jörg Haiders "Freiheitliche" – ein nicht nur österreichisches Problem. Liberalismus in Geschichte und Gegenwart (en alemán) (Königshausen & Neumann). p. 233. ISBN 9783826015540. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]