Diário Liberdade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Diário Liberdade é un xornal electrónico de liña editorial anticapitalista realizado en Galiza e de ámbito lusófono. Conta con colaboradores galegos, portugueses e brasileiros. As súas linguas de publicación son o portugués e o galego, este último na súa normativa oficial e na proposta pola AGAL.

Historia e liña editorial[editar | editar a fonte]

Publicado o 8 de febreiro de 2010, promóveo a Associaçom Cultural Diário Liberdade, con sede en Ferrol, e non ten fins lucrativos. Os obxectivos do Diário Liberdade son a "dinamización e participación activa dos sectores máis desfavorecidos da sociedade na difusión da información que producen e/ou lles di a respecto"[1]. Tamén a defensa da pluralidade informativa e a independencia dos poderes económicos e empresariais están entre os seus obxectivos.

O Diário Liberdade inclúe todo o abano ideolóxico da esquerda tradicionalmente denominada revolucionaria, excluíndo a abertamente reformista: aí recollen as diferentes familias do comunismo e dos chamados novos movementos sociais (feminismo, ecoloxismo, antimilitarismo etc. ). Tamén asomen unha posición independentista galega.

A liña editorial do Diário Liberdade ten unha posición reintegracionista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Quem somos Arquivado 10 de decembro de 2010 en Wayback Machine., web do xornal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]