Nacionalismo serbio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Monumento a Karađorđe en Belgrado. Karađorđe liderou a revolución serbia que buscou liberar Serbia do Imperio Otomán.

O nacionalismo serbio (en serbio: Српски национализам) é un movemento político que afirma que os serbios son unha nación e promove a unidade cultural e política dos serbios.[1] Trátase dun tipo de nacionalismo étnico,[1] orixinariamente xurdido no contexto do nacionalismo nos territorios dos Balcáns baixo dominio otomán, así como pola influencia do lingüista serbio Vuk Stefanović Karadžić e o estadista serbio Ilija Garašanin.[1] O nacionalismo serbio foi un factor importante durante as guerras dos Balcáns que contribuíu á decadencia do Imperio Otomán, durante e despois da primeira guerra mundial, contribuíndo á disolución do Imperio Austrohúngaro, e de novo durante a ruptura de Iugoslavia e as guerras iugoslavas da década de 1990.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Motyl 2001, pp. 470.
  2. Motyl 2001, pp. 470–472.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]