Esquerda Galega
| Esquerda Galega | |||
|---|---|---|---|
|
Nome curto
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Ideoloxía política
| |||
|
Posición política
| |||
| Persoas e organizacións | |||
|
Presidente/a
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Fundación
| |||
|
Disolución
| |||
|
Substitúe a
| |||
|
Substituído por
| |||
| Localización | |||
| |||
| Wikidata |
Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse en decembro de 1980 ao se refundar o Partido Obreiro Galego, integrando á maioría dos militantes do autodisolto Partido dos Traballadores de Galicia e a militantes procedentes do BNPG, Partido Socialista Galego, Partido Comunista de Galicia e Movemento Comunista de Galicia.
Durante o intento de golpe de estado do 23-F EG fixo un chamamento para que todos os concelleiros e alcades permaneceran nos concellos para impedir o triunfo do golpe. Celebrou o seu I Congreso en marzo de 1981, no que acepta o marco constitucional e autonómico para a consecución da autodeterminación de Galicia.

Nas eleccións autonómicas de 1981 obtén 33.497 votos (3'32%) e un escano para o seu líder, Camilo Nogueira, que conseguiu gran protagonismo na súa actuación no Parlamento de Galicia, aínda que o partido sofre un forte revés nas eleccións xerais de 1982 con só 22.310 votos (1'72%).
En 1984 fusionase co Partido Socialista Galego formando o PSG-EG.
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]| Elección | Votos | % | Deputados / concelleiros |
|---|---|---|---|
| Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 | 33.497 | 3,32% | 1 |
| Eleccións xerais de España de 1982 | 22.310 | 1,72% | 0 |
| Eleccións municipais de 1983 en Galicia | 19.173 | 1,57% | 22[1] |
Notas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |