Saltar ao contido

AGIR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AGIR

Tipoorganización política Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticanacionalismo galego Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación2001 Editar o valor en Wikidata
Remate2016 Editar o valor en Wikidata
Localización
SedeSantiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
XurisdiciónGalicia Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBagir-galiza.org… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Agir foi unha organización de estudantes de esquerda independentista. Unha organización que contou con presenza en distintas comarcas de Galiza.

Principios

[editar | editar a fonte]

Agir defendeu un ensino público, en galego, non patriarcal, democrático e de calidade. Loitaba contra a privatización e por un ensino pensado para Galiza e en galego, en contra do machismo nas aulas. Estivo ligado a Nós-UP.

O órgano central e básico de Agir foron os distintos Comités de centro de cada facultade ou centro de secundaria no que tiñan presenza.

Disolución

[editar | editar a fonte]

Tras actuaren conxuntamente durante dous anos con Comités e a Liga Estudantil Galega, en setembro de 2015, organizáronse unha Asembleas de base con idea de acadar unha confluencia entre as tres organizacións.[1] Finalmente, nunha Asemblea Nacional Constituínte celebrada o 5 de marzo de 2016 no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela,[2] as tres organizacións estudantís acordaron a súa disolución e a creación dunha nova asociación estudantil nacionalista, tanto para o ensino secundario como para o universitario, chamada Erguer-Estudantes da Galiza.[3][4]

  1. A., D. (2-9-2015). "Comités, Liga e Agir lanzan 'Asembleas de Base' cara a unha organización estudantil única". sermosgaliza.gal. Consultado o 16-10-2019. 
  2. Rodil, Olalla (4-3-2016). "O movemento estudantil nacionalista únese". sermosgaliza.gal. Consultado o 16-10-2019. 
  3. Obelleiro, M.; Ares, D. (6-3-2016). "Nace Erguer, a organización que une o estudantado nacionalista". sermosgaliza.gal. Consultado o 16-10-2019. 
  4. Pérez, María (4-4-2016). "Unidos por la lucha de los derechos estudiantiles". elcorreogallego.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16-10-2019. Consultado o 16-10-2019.