Nacionalismo bodo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Bodoland.
Bodoland.

O nacionalismo bodo é unha ideoloxía que apoia a autodeterminación do pobo bodo,[1] o meirande grupo etnolingüistico do estado indio de Assam.[2] O pobo bodo alegan ser vítimas de presuntas agresións por parte de grupos musulmáns no estado indio de Assam.[3] Moitos nacionalistas bodo apoian o estabelecemento de Bodoland como un estado separado da India e como nación do pobo bodo.

Os bodos están oficialmente identificados como unha tribo recoñecida polo Constitución da India,[4] e a súa lingua, a bodo, é recoñecida como unha das vinte e dúas linguas oficiais do país.[5] No presente contan cun status especial na rexión de Bodoland, unha división administrativa de Assam, e tamén como minoría étnica.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Prabhakara, M.S. (xullo-agosto de 2002). "The Bodo question". India's National Magazine 19 (15). Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2004. Consultado o 15 de marzo de 2009. 
  2. "C -16 C-16 Population By Mother Tongue - Assam". census.gov.in. Consultado o 23 de agosto de 2020. 
  3. A secular protocol Times of India - 11 de outubro de 2008
  4. "List of notified Scheduled Tribes" (PDF). 
  5. "List of languages in the Eighth Schedule" (PDF). 
  6. "Boro (Bodo)". Minority Rights Group (en inglés). Consultado o 2020-11-27.