Saltar ao contido

Graffiti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Graffiti
Imaxe
(2015, Ingolstadt)
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Causado por
Implicados
 Practicado por
Identificadores
Freebase/m/034wh Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 131760
Wikidata G:Commons C:Commons

Denomínase graffiti (palabra plural tomada do italiano graffiti , que ven do verbo graffire) a varias formas de expresión artística, realizadas principalmente sobre mobiliario urbano, buscando a maior difusión pública da peza, e xeralmente utilizando a técnica denominada bombing, consistente na utilización de pintura en spray para levar a cabo as obras.[1]

Na linguaxe común, o graffiti é o resultado de pintar por riba dos muros imaxes, frases ou palabras que decote van cargadas con contido político ou social; pode de igual xeito tratarse dunha sentenza ofensiva ou dunha reivindicación, polo que o graffiti non se axusta á vixencia lexislativa, prescindido de autorizacións, malia que ás veces as pintadas se realizan baixo supervisión e control.

O pintor estadounidense Keith Haring (1958 - 1990) acadou a fama coas pintadas realizadas sobre os vagóns do metro de Nova York na década de 1980. O lado occidental do Muro de Berlín estivo totalmente cuberto de pintadas, nunha clara expresión de reivindicación política contra o muro.

Orixe e traxectoria mundial

[editar | editar a fonte]

O graffiti moderno aparece en torno a década dos 60, en Filadelfia, Estados Unidos, e o considerado como o seu creador, será un rapaz que se autodenominaba Cornbread. Este desenvolverá unha firma simple ( tag ), que realizará nas paredes do seu barrio. Conforme vai aficionándose a esta actividade, irá decorando e ornamentando o seu tag, ata o punto en que outros rapaces de Filadelfia comezaron a imitalo, realizando os seus propios tags.

Este pequeno movemento alcanzou tal importancia na Filadelfia dos anos 60, que incluso foi recollida a súa actividade polos periódicos da cidade.

Con este pulo informativo, o graffiti estenderase a outras cidades, entre elas Nova York, onde se desenvolverá completamente ata constituír o movemento artístico que coñecemos hoxe en día.

Graffiti ó pé da estrada, na Casalonga (Calo, Teo)

En Nova York, integrarase na emerxente cultura hip hop, que se baseaba na realización dunha serie de actividades de carácter creativo, coas que os rapaces de barrios marxinais tentaban fuxir dos Gangs e a droga. Estas actividades denomínanse "Os 4 elementos", e xunto co graffiti serían, o rap, o djing e o b-boying. Neste ambiente, desenvolveranse as grandes letras con cores características do graffiti, cunha gran carga crítica coa sociedade marxinal na que vivían os autores, e é o momento en que podemos realmente dicir que aparece o graffiti tal como o coñecemos.

Dende a súa chegada a Nova York, arredor do inicio da década dos 70, ata metade desta (1075), darase a denominada etapa pioneira do graffiti, caracterizada pola innovación, ao non haber pautas, nin sequera técnicas concretas e desenvolvidas para este tipo de arte, os graffiteiros ou writters (como se lles denomina na cultura hip hop) comezaron a xerar unha inmensa cantidade de formas, estilos, e motivos.

Os autores, dado o carácter ilexítimo da súa actividade, firmaban as súas grandes obras baixo pseudónimos escollidos por eles aos que lles sumaban un número, normalmente da rúa na que vivían (p. exem.: Taki 183 ).

A partir do 1976, darase a coñecida era do Die Hard, que durará ata o 1988. Neste momento é cando se comenzan a realizar os famosos whole cars, isto é vagóns de metro nos que en intervencións rápidas os writters realizaban pezas coas que cubrían a superficie dos vagóns para que estes moveran a súa peza por toda a cidade. Estas pezas, aínda que perseguidas e limpadas rapidamente, provocaron un novo boom dos medios, sendo retransmitidos pola televisión e os medios.En este momento aparecerá unha gran cantidade de grupos (crews) e artistas, cada un buscando o seu estilo propio e característico. Isto levará a que xurdan numerosas style wars, guerras de estilos, nas que os grupos rivais enfróntanse tapando ou modificando pezas dos contrincantes.

Arredor do inicio dos 80, a Autoridade Metropolitana do Transporte de Nova York iniciará unha campaña de loita contra o graffiti, mellorando as medidas de seguridade nas cocheiras e aumentando a severidade dos castigos. Isto fará que o número de writters vaia descendendo pouco a pouco. Os que persisten, buscarán novas formas ou lugares onde realizar as súas pezas, e algúns incluso emigrarán a Europa, continente onde aínda non se dera este movemento, polo que as autoridades non eran tan severas. Estes últimos serán a semente que provoque a xerminación non só do graffiti, senón tamén do hip hop en Europa, apoiado e reforzado pola xira que fará Afrika Baambata (creador da cultura hip hop) coa Zulu Nation tamén nesta década.

A finais dos 80, apareceu nos suburbios unha nova droga: o crack. A devastación resultante desta, e a violencia que trouxo consigo, xunto a recrudescencia das penas e a dificultade para pintar, provocou unha caída drástica na actividade do graffiti, e ademais volveu aos writters moito máis pechados e desconfiados, o que tampouco axudaba a hora de tentar que novas xeracións comezarán a realizar pezas. No 1989, case todas as liñas de metro, soporte por excelencia do graffiti, estaban limpas en Nova York. A esta etapa denominóuselle "Movemento Tren Limpo".

Muelle.

Cando xa parecía que o graffiti estaba a piques de extinguirse, deuse un acontecemento inesperado: A MTA, comezou unha renovación dos vagóns do metro, relegando os vellos vagóns a cocheiras apartadas e sen vixilancia. Isto deu un último pulo o graffiti, e deu lugar a unha nova e prospera xeración de writters.

Dende este momento, cara a actualidade, o graffiti non parou de medrar como movemento artístico, internacionalizouse e globalizouse, e xa non se limita a súa realización aos vagóns do metro ( aínda que moitos nostálxicos seguen realizando incursións nas cocheiras ). As técnicas, os materiais e as oportunidades para os artistas melloraron moito, así como ha aceptación por parte da sociedade, o que deu lugar a writters de renome mundial, capaces de crear pezas de tamaños xigantes e técnica e mensaxe espectaculares, como poden ser Aryz, Banksy, Nychos ou Mad C. O graffiti pasou a ser unha arte forte, e incluso tentouse a súa inclusión no mercado da arte, con maior ou menor éxito. Arestora, incluso están a emerxer novas correntes artísticas, derivadas directamente deste, como o Street Art, o Stencil etc...

O graffiti non só sobreviviu, senón que ademais creceu e ten un futuro longo por diante, xerando innovacións e provocando a persoa espectadora.

Documentais e películas

[editar | editar a fonte]
  1. Carro, Iago (2019). "La comunicación informal en la ciudad: ¿sueñan los grafitis con ser pintadas?". En Fran Quiroga. La fiesta, lo raro y el espacio público. Bartlebooth.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ganter, Chris (2013). Graffiti School. A student guide. Ed. Thames & Hudson.
  • Century Editions (2006). Banksy, Wall and Piece.
  • Walde, Claudia (2011). Alfabeto Graffiti. Ed. Gustavo Gili.
  • Stal, Johannes (2009). Street Art. H. F. Ullman.
  • Pereira, Sandrine (2005). Graffiti. Fitway Publishing.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Documentos de vídeo

[editar | editar a fonte]
  • “Exit trought the Gift Shop”, 2010.
  • “Nome”, 2013.
  • “CHAPTER 01 X ARYZ - Concrete Walls Project by Herokid”, 2010.